O pasado luns 21, o noso exalumno Alfredo Marques presentou o libro de poemas Noches ante aqueles que foron os seus compañeiros ata hai dous cursos, cando decidiu orientar os seus estudos cara ao bacharelato de Artes.
Tras recibir o Premio Minerva, escolleu presentar o seu novo libro neste centro no que viviu o seu crecemento físico e intelectual, ao tempo que o seu talento artístico.
Alegrámonos moito do seu éxito e confiamos en que moi pronto volva coa súa próxima obra.
Pica na foto para ver o álbum