Skip to Content

Xogos de Orientación na EEI Crespo Rivas

O pasado 20 de abril o alumnado de 1º TSEASD organizou uns xogos de Orientación co alumnado de 4 anos da EEI Crespo Rivas. os pequenos desfrutaron dunha mañá de xogos e os maiores desfrutaron coa ledicia dos pequenos.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos de Orientación na EEI Crespo Rivas

Grupo de teatro "Sánchez Cantón"

O vindeiro mércores 4 de maio, ás 19:00 h., o grupo de teatro "Sánchez Cantón" estreará a obra de Enrique Jardiel Poncela  "Cuatro corazones con freno y marcha atrás".

Está todo o mundo convidado a unha tarde de risas e diversión.

Club de Ciencia: o sextante

O venres 22 de abril, os membros do Club de CIencia fixeron unha viaxe en barco para poñer en práctica unha tarefa na que levaban traballando todo o curso: o sextante. Despois de telos fabricado no centro, saíron á mar para coñecer o seu uso no contexto axeitado.

Campións da fase clasificatoria do Club de Debate en Galicia

Vimos de celebrar con orgullo o 1º posto na fase clasificatoria do Club de Debate que se celebrou este mércores 6 de abril en Negreira.

Sabela Rivas Campos, Javier Hermida Hermida, Rosalía Blanco Vázquez, María Pazos González, Izan Vázquez Cabodevila e Alejandro González Paz, coordinados pola profesora de Lingua Galega Salomé Díaz Muñiz, conseguiron este enorme éxito.

Noraboa a todos eles.

Pica na foto para ver o álbum.

Álbum: Actividades -> Club de Debate 2022

DÍA DA POESÍA

O pasado martes 29 celebramos o Día da Poesía nun acto organizado polo Coordinador da Biblioteca, Fernando Tomé, o cal estivo apoiado por profesorado das diferentes linguas que se imparten no centro.

Chegou cun pouco de retraso por cuestións alleas a nós, pero chegou. O alumnado de 2º ESO tivo a oportunidade de saír á rúa para ler a quen quixo escoitar e agasallar con poemas a todo aquel que recibiu o ofrecemento. Rapazada, cidadáns e poesía fundíronse nunha fermosa mañán de primavera.

Pica sobre a imaxe inferior para ver o álbum.

 

 

Álbum: Biblioteca -> Día da poesía 2022

David MacMillan: Premio Nobel de Química 2021

Hoxe, martes 28 de marzo de 2022, foi un pracer recibir a David MacMillan, Premio Nobel de Química 2021. A súa espontaneidade e sinxeleza cautivou ao noso alumnado, o cal escoitou atentamente todas as respostas que deu ás múltiples preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas. Sempre atesorarán unha lembranza única e entrañable, grazas á profesora de Física e Química Beatriz Trillo Senín, que conseguiu unha visita tan ilustre para o noso centro.

Club contra o Cambio Climático: limpeza do río Gafos

Hoxe, martes 22 de marzo, as profesoras Beatriz Trillo e Mª Jesús Torres,  acompañaron aos membros do Club Contra o Cambio Climático e ao alumnado doutros centros de Pontevedra, nunha actividade colaborativa de limpeza do río Gafos, actividade organizada polos centros educativos, a Asociación "Vai polo río" e o Concello.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5574170?t=1645

 https://www.pontevedraviva.com/xeral/83738/dia-auga-aparcar-libros-limpar-contorna-rio-gafos/

 

Pica sobre a imaxe inferior para ver as fotos do álbum

Álbum: Actividades -> Limpeza do río Gafos

AXUDA A UCRANIA

Dende o día de hoxe, 16 de marzo, e ata o martes 22 de marzo, o IES Sánchez Cantón convírtese en lugar de recollida de material sanitario, de higiene e alimentación, para axuda á población de Ucrania. Colaboramos coa Asociación Galucrania afincada en Vilagarcía de Arousa. Haberá uns contenedores no vestíbulo do centro onde se poderán depositar todos os recursos aportados.

 

VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO

Dende o martes 15 de marzo ata o mércores 23 do mesmo mes, o alumnado de Relixión está a realizar excursións a Santiago de Compostela para coñecer a catedral. Os alumnos e alumnas viaxan acompañados polo seu profesor, Juan García Lorenzo.

Pica sobre a imaxe inferior para ver as fotos do álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita á catedral de Santiago

PREMIOS MINERVA

A alumna Mariña Maceiras de 1º bacharelato A, ven de gañar un accésit nos prestixiosos premios Minerva, organizados dende hai  cincuenta años polo Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela,para divulgar e promover a literatura entre a xuventude.

Noraboa!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2022/03/12/rosalia-bernardez-carla-crespo-premios-minerva-narrativa-poesia/00031647082361639751915.htm

 

Distribuir contido


by Dr. Radut