Skip to Content

Placa de Honor da Orde de Alfonso X, o sabio

Este martes 31 de maio, o director do IES Sánchez Cantón, Carlos Rodríguez Blanco, recibiu de mans da ministra Pilar Alegría, a Placa de Honor da Orde de Alfonso X,o sabio.

Esta distinción foille outorgada a este centro pola súa longa traxectoria académica e educativa, a cal abrangue 177 anos de historia. 

Os outros centros galegos premiados foron: o Ramón Otero Pedrayo de Ourense, o Xelmírez I de Santiago de Compostela e o Eusebio da Guarda de A Coruña.

Neste enlace poderán  ver as fotos realizadas polo fotógrafo do Ministerio de Educación. 

https://www.flickr.com/photos/146105941@N03/albums/72177720299406502

Pica na foto para ver o pequeno álbum realizado polos asistentes ao acto de entrega

 

Álbum: Curso 21/22 -> Placa da Orde de Alfonso X, o sabio

EXAMES FINAL DE CICLO (BALÓNMÁN NIVEL 3)

 

 

Logo premiado no concurso do Club de Ciencia

O concurso proposto para elaborar o logo do Museo de Ciencia, convocado meses atrás, xa ten unha gañadora: Paloma Solla Villanueva, de 2º bacharelato C. Reproducimos as palabras da propia autora que  explican o seu deseño: "Escollín o Nautilus porque é un dos fósiles máis carismáticos e ten varias lecturas. Por unha banda, representa a proporción áurea, que é un concepto que une as Matemáticas, a Bioloxía e a Xeometría. E por outro lado, simboliza a evolución e a historia dos seres vivos. A súa estructura é xeométricamente perfecta e as manchas danlle un carácter orgánico."

Sentímonos moi orgullosos do traballo de Paloma, pero tamén de todo aquel alumnado que se presentou e non obtivo o premio final. É moi gratificante comprobar como o noso alumnado se mostra activo e creativo. E por iso, aplaudimos a todos os que presentaron o seu emblema a este concurso.

Queremos agradecer tamén á axuda brindada por Jaime Rodríguez Abilleira, sempre profesor deste centro, aínda que estea xubilado, que adaptou o logo ás necesidades do noso Museo. 

Parabéns, Paloma!!! A túa pegada sempre estará con nós, grazas ao teu deseño.

Axudas para libros de texto e material escolar

Publicada no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de xuño.

 

 

Visita á exposición "Terra de soños"

O alumnado de Valores Éticos de 1º e 2º ESO realizou no mes de maio, acompañado pola profesora Mª Esperanza González Escudero, unha visita guiada á exposición fotográfica "Terra de soños", situada na Praza de España. As fotografías da laureada Cristina García Rodero reflictían a situación das mulleres na India.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Visita á exposición "Terra de soños"

Andaina polo río Gafos

O alumnado de 1º ESO realizou este martes, 10 de maio, unha andaina polas ribeiras do río Gafos coa intención de estreitar os lazos entre as catro clases de este nivel. Estiveron acompañados polas súas titoras e polo alumnado de 1º TSEASD, os cales actuaron como monitores nesta actividade.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Andaina polo río Gafos

Cuatro corazones con freno y marcha atrás

Todos os cursos, o Grupo de Teatro de Profesores do IES Sánchez Cantón representa unha obra para celebrar o Día do Libro e homenaxear ao género dramático. Este ano, puxemos en escena a divertida obra "Cuatro corazones con freno y marcha atrás" de Enrique Jardiel Poncela. Próximamente, a grabación estará a disposición de quen queira vela, pero mentres tanto, deixamos esta mostra do que aconteceu.

Pena Aventura

O alumnado de 4º ESO realizou unha viaxe os días 3, 4, 5 e 6 de maio a Pena Aventura (Portugal) para repoñer forzas e afrontar con ánimo a recta final do curso e da etapa educativa.

No seguinte enlace pódense ver algunhas fotografías deses días:

https://drive.google.com/drive/folders/1tJzyW95eskXdg22pEYCiIkBz2ZRplHyc?usp=sharing

E aquí está o vídeo proporcionado pola empresa para que compartamos a súa ilusión.

Este álbum é unha pequena mostra da súa ledicia e diversión. 

Pica na foto para ver o álbum

 

 

 

Álbum: Viaxes didácticas -> Pena Aventura

A (des)memoria nas aulas

Este sábado 30 de abril, celebráronse no antigo edificio da Delegación de Educación en Pontevedra, as Xornadas chamadas "A (des)memoria nas aulas" organizadas pola Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria  Histórica. As profesoras Anxos Rial e Conchi Díaz, acompañadas por 3 alumnos destes centro, foron invitadas polas súas aportacións a este tema a través dun proxecto realizado cos alumnos de 4º ESO.

O obxectivo das Xornadas é facilitar un lugar de encontro para que o profesorado da provincia poida coñecer novos recursos, ideas e proxectos para abordar nos centros de ensino a Guerra civil, a ditadura e a represión.

   Pica na foto para ver o álbum

 

 

Álbum: Actividades -> A (des)memoria nas aulas

Un paseo con René Magritte

As profesoras Mar Villaverde do IES Sánchez Cantón e Fabiola Cintrón, da EEI Concepción Crespo Rivas, veñen de recuperar a colaboración que xa viñan mantendo antes da pandemia a través do proxecto " j' apprends, you learn: aprendemos". Aquí está o fermoso resultado desta xenial colaboración. Noraboa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut