Skip to Content

Curso 23/24

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO

 

Publicación da ORDE do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios
de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24
(código de procedemento ED311A).

 

Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

 

Solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes: comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.

 

Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con un máximo de 1.000 €.

 

Ligazón á folla de Instrucións resumida

 

 

Exposición Memoria e Patrimonio, da Asociación Ponte nas Ondas

 Durante o mes de abril, contamos no noso centro coa fabulosa exposición MEMORIA E PATRIMONIO, resultado do concurso AS IMAXES DO PATRIMONIO da asociación Ponte nas Ondas, á que pertencemos desde este curso. Cada foto ten unha versión de Andrés Meixide en viñetas de banda deseñada. @pontenasondasoficial #gnldosanchez

 

 https://www.instagram.com/p/C6Y3cFTtzZX/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Exposición "Memoria e Patrimonio"

A loita contra a leucemia

Este xoves 25 de abril, o Salón de Graos do CGTD foi escenario dunha charla que achega ao alumnado á realidade máis triste e ao mesmo tempo máis humana, pois ante as adversidades da vida debemos desenvolver o noso lado máis solidario e colaborador.

 A charla titulada "A loita contra a leucemia", ofrecida por un membro da Asociación Fran Gil e dirixida ao alumnado de 2º bacharelato, 1º TSEASD e deportistas do CGTD, deixou abraiados aos asistentes e os concienciou sobre a importancia de sumarse á donación de médula como medio para salvar vidas, desmitificando moitos dos bulos ou medias verdades que corren en torno a este tipo donación.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de concienciación contra a leucemia

Fase Provincial do Campionato de Orientación

O alumnado que superou as primeiras probas do Campionato de Orientación en Pontevedra, acudiu este mércores á fase provincial que se desenvolveu en Vigo. Aínda que non obtiveron medalla, xa foi un triunfo chegar ata aquí, e ben está que así o recoñezamos. Noraboa!

Pica na foto para ver o álbum 

Álbum: Actividades -> Campionato de Orientación 2024

Exposición homenaxe a Fina Casalderrey

A partir do luns 22 de abril e ata o venres 10 de maio, alumnado de 1ºESO, 3º ESO e 4º ESO PDC, realizou unha visita á exposición-homenaxe a Fina Casalderrey que se atopa na Praza da Ferraría. 

Os rapaces tiveron unha guía de luxo, xa que recibiron as explicacións de Andrea Jamardo, editora de Cuarto de Inverno e representante de GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

A mostra está escrita por María Lado e ilustrada por Nove Noel. A palabra e a imaxen reúnense en 20 paneis que amosan a vida e a obra da escritora. As anécdotas e declaracións prestadas a diferentes medios de comunicación ao longo da súa carreira, son o camino empregado na mostra para que Fina Casalderrey revele a súa traxectoria vital e literaria.

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Exposición sobre Fina Casalderrey

Brokeback Sabucedo

O xoves 18 de abril, o alumnado do Comité de Igualdade e o de 4º ESO asistiu á representación da obra Brokeback Sabucedo representada no Teatro Principal. 

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe á tradición galega e unha crítica á enerxía eólica. SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración de Rapa das Bestas de Sabucedo. Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada, interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo e dirixido por Rocío Romero, con Álex Sobrino no espazo escénico.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Brokeback Sabucedo

Xogando cos pícaros

O alumnado de 1º TSEASD realizou este martes 16 de abril unha xornada de xogos tradicionais cos pequenos de 4 anos da EEI Concepción Crespo Rivas. Mirando as fotografías resulta complicado saber quen o pasa mellor: os pícaros ou os máis grandes. Concluimos entón que resultou unha xornada moi satisfactoria para ambas partes.

Pica a foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogando cos pícaros

Marisa Gayoso, orientadora e ornitóloga

A nosa orientadora, Marisa Gayoso, ademais de axudar ao alumnado nas máis importantes cuestións da vida, tamén é unha grande especialista en Ornitoloxía. Así que, aproveitando os recursos humanos dos que dispón o propio centro, o Departamento de Bioloxía solicitou a súa colaboración para que impartise unha clase que dese a coñecer este apaixonante mundo aos máis pequenos do instituto, o alumnado de 1º ESO.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla sobre ornitoloxía

Charla de María José Alonso Veloso, catedrática de Filoloxía da USC

Este luns 15 de abril recibimos a visita de María José Alonso Veloso, catedrática do Departamento de Lengua y Literatura españolas, Teoría de la Literatura y Lingüística General,  da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). 

A profesora deu unha interesante clase maxistral na que explicou ao alumnado de 1º bacharelato o labor que desenvolven os filólogos na salvagarda e integridade dos textos literarios, así como da importancia da transmision fiel da vontade de estilo dos escritores co fin de conservar a pureza do noso patrimonio literario. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> O patrimonio literario

Charla sobre as ABAU

O profesor xubilado Anxo González Guerra, visitou o noso centro para falar co alumnado sobre as probas ABAU a partir da súa longa experiencia como docente, proporcionando un enfoque menos académico e máis emocional.

Como sabedes, para preparar selectivo hai un espazo web coñecido a nivel galego que é OGALEGO.EU detrás do que está o noso exprofe de LGL Anxo Guerra e a súa muller Vitoria Ogando, que tamén foi profe no instituto veciño, o IES Valle Inclán.  Anxo visitounos para aconsellar aos nosos e a alumnos de 2ºBACH que en breve se enfrontarán á proba de galego nas ABAU.

lIGAZÓN: https://www.instagram.com/p/C5yT7HTM83t/?img_index=1

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Charla de Anxo González Guerra sobre as ABAU
Distribuir contido


by Dr. Radut