Skip to Content

50 xogos para 50 anos

O pasado martes 23 de maio, o alumnado de 1º TSEASD celebrou co alumnado do CEP Campolongo os 50 anos da inauguración deste centro escolar.

Participar nesta celebración do medio século dun colexio tan emblemático da cidade de Pontevedra, foi unha responsabilidade que defendeu moi ben o noso alumnado do ciclo, realizando 50 xogos diferentes para que os rapaces e rapazas desfrutaran deste día: un xogo por cada ano de vida do colexio. 

A diversión estivo garantizada! Non hai mellor maneira de celebrar unha festa de aniversario.

Pica no álbum para ver as fotos

Álbum: Actividades -> 50 anos de Campolongo - 50 xogos

Xogando con 5º EP

O venres 19 de maio, o alumnado de 1º TSEASD, acompañado polo seu profesor Anxo Gómez, realizou un xogo de orientación co alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Froebel e do CEP Campolongo.

A xulgar polas facianas de ledicia dos pequenos parece que a actividade foi do seu agrado.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos tradicionais con 5º Primaria

Curso 23/24

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

 

PRAZO DE SOLICITUDE20/05/2023  a  21/06/2023

As solicitudes poderán presentarse en sede electrónica (https://sede.xunta.gal) con chave 365 ou certificado dixital a través de formulario normalizado (ED330B-anexo I e II) ou presencialmente na secretaría do centro.

 

AXUDAS QUE PODEN SOLICITAR

1º ESO

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

2º ESO

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

3º ESO

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

4º ESO

AXUDA MATERIAL ESCOLAR

 

REQUISITO BÁSICO:

Renda per cápita igual ou inferior a 6.000€………................…...Vale de 75€

R. per cápita superior a 6000 € e inferior ou igual a 10000 €.......Vale de 60€

 

Desde o curso 2021/2022, no IES SÁNCHEZ CANTÓN están incluídos no proxecto dixital (E-DIXGAL) 1º, 2º, 3º e 4º da ESO

Segundo o artigo 1.3 da orde do 10 de maio de 2023 “O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto  educación dixital (E-Dixgal) no curso 2022/23 está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terán dereito á axuda para adquirir material escolar, se reúne os requisitos establecidos nesta orde”.

Lexislación: orde do 10 de maio de 2023  (DOG núm. 94)

 

LISTAXE PROVISIONAL: 12/07/2023

LISTAXE DEFINITIVA: 26/07/2023

 

Graduación 2023

Despois de moitos meses de organización, planificación e preparación por parte de todo o alumnado de 2º bacharelato, cos seus delegados e delegadas á fronte, o día chegou. 

O pasado luns 22 de maio, celebramos a graduación e vimos desenvoltos os discursos e as actuacións. Houbo momentos para as risas e momentos para as emocións, vividas a partes iguais polo alumnado, as súas familias e tamén o profesorado, pois estes mozos e mozas que agora abandonan o noso centro para perseguir os seus soños e facer realidade esas ilusións nas que tanto pensaron, foron unha vez meniños e meniñas que non levantaban dous palmos do chan. Así os coñecemos moitos dos que alí estabamos presentes. Velos medrar durante estes 6 anos foi unha orgullo para todos nós: acompañámolos no seu crecemento académico, pero sobre todo, no seu crecemento persoal, que os levou a este punto de madurez no que agora se atopan, preparados para afrontar as novidades que se achegan. Gustaríanos que conserven o espírito crítico que lles tentamos inculcar e que os convertiu nas persoas solidarias e responsables que son hoxe.

Todo o claustro do IES Sánchez Cantón deséxalles un futuro cheo de ledicia, de aprendizaxes vitais e de felicidade. A nosa ilusión consiste en que, cando lembren a vida no instituto, un sorriso apareza na súa faciana. Entón, saberemos que o noso traballo foi un éxito.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Graduación 2023

Xogos populares na alameda

O pasado martes 16 de maio, o alumnado de 3º ESO realizou na alameda unha sesión de xogos populares organizada pola súa profesora de Educación Física Marta Mera Carrión que staba acompañada polo seu  compañeiro de departamento Anxo Gómez García.

Aqueles xogos dos que desfrutaron os seus pais e nais na infancia,  voltaron ser obxecto de entretemento para estes rapaces e rapazas que, curiosamente, descoñecían a meirande parte deles, pero que se divertiron do mesmo xeito que os seus proxenitores, aínda que para estes xa pasaran uns aniños.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Xogos populares na alameda

Debate electoral: eleccións municipais 2023

A tarde do luns 15 de maio, o paraninfo do IES Sánchez Cantón encheuse para realizar unha actividade educativa xurdida da iniciativa do alumnado de 2º bacharelato, Javier Hermida, Sabela Rivas e Uxía Leiro e promovida polo EDLG do instituto. A cidadanía de Pontevedra estaba invitada a participar neste primeiro debate electoral realizado con motivo das eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.

Alédanos comprobar que a nosa xuventude ten interese polo devir da súa cidade, que desexa informarse antes de achegarse ás urnas a introducir o seu voto, que queiran coñecer de primeira man os programas electorais dos diferentes partidos políticos que ocupan os escanos do Concello de Pontevedra. Para este instituto é un orgullo ver a evolución deste alumnado que coñecemos dende os 12 anos e que remata esta etapa da súa vida mostrando a súa madurez, o espírito crítico adquirido ao longo destes anos e a formación en cidadanía responsable.

Moitas grazas aos catro partidos políticos que atenderon ao noso chamamento e aos seus representantes no debate: Eva Villaverde (BNG), Guillermo Juncal (PP), Iván Puentes (PSOE) e David Díaz (CS), os cales tiveron a valentía de afrontar este reto solicitado polo noso alumnado. Alumnado que vai exercer o seu dereito ao voto por primeira vez na vida nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/audios-podcast/ies-sanchez-canton-organiza-primeiro-debate-electoral-aberto-cidadania-pontevedra_202305156462214dea319400017c8993.html

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/sede-revolucionarios-porque-revolucion-axuda-avanzar/202305161045031253556.html

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/05/16/debate-juventud-87402821.html

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Debate electoral: eleccións á alcaldía 2023

Coñecendo a illa de Tambo

Este luns 15 de maio, o alumnado de 1º ESO realizou unha saída á illa de Tambo, un espazo tan cercano a nós, pero tan lonxano ao mesmo tempo, pois ata hai moi pouco non podía ser visitada, o cal favoreceu que o seu patrimonio natural se mantivese intacto a través dos séculos. 

Os rapaces desfrutaron deste espazo que tantas veces viran dende a praia e recrearan na súa imaxinación.

De volta, remataron a mañán realizando un roteiro por diferentes prazas de Pontevedra, onde o profesorado exerceu de guía explicando a vertente histórica da cidade na que viven.

O profesor Humberto Martínez elaborou esta interesante presentación con información sobre o desenvolvemento desta saída educativa:

https://view.genial.ly/64665d5da77bcf00192e9c40/presentation-viaxe-a-tambo

Pica para ver o álbum 

Álbum: Viaxes didácticas -> Illa de Tambo 1º ESO

Proxecto colaborativo entre linguas estranxeiras

Alumnado de 2º bacharelato do IES Sánchez Cantón e de 2º de Primaria do CEP Campolongo, coordinados polas profesoras Fabiola Cintrón e Mar Villaverde, levan a cabo todos os cursos un proxecto colaborativo que irmanda linguas estranxeiras: Francés e Inglés.

Aquí mostramos o resultado deste ano: un fermoso vídeo que naceu desta entrañable colaboración.

Katrin Siemann, profesora visitante

As últimas tres semanas acompañounos no día a día a profesora de Bremen (Alemaña), Katrin Siemann. 

Katrin pediu visitar o centro para coñecer a vida cotiá dun instituto español, como é o noso sistema educativo e a súa posta en práctica, e ademais realizou unha importante tarefa de observación nas aulas de diferentes niveis. 

O seu labor non se limitou á observación, pois mantivo diálogo con membros do profesorado para coñecer as tarefas que desempeñaban: o equipo directivo, os xefes e xefas de departamento, os coordinadores de biblioteca, de convivencia, do Club de Ciencia, do Comité de igualdade, do Club contra o cambio climático e EDLG.   

Confiamos en que se sentira a gusto entre nós e que todo fora do seu agrado. Queda convidada a voltar cando queira.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Katrin, profesora visitante

Día da Ciencia en A Coruña

O pasado sábado, día 6 de maio, o alumnado encargado do Museo de Ciencia e a Construción de Sextantes celebrou en A Coruña o Día da Ciencia na Rúa. Puideron visitar o Aquarium Finisterrae, fixeron tamén unha interesante visita guiada ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), desfrutaron dunha sesión de Planetario na Casa das Ciencias onde tamén puideron experimentar nas diferentes exposicións interactivas e, por suposto, percorreron a Feira de Ciencia no parque de Santa Margarida, ateigado de xente curiosa e con ganas de compartir as súas investigacións. En definitiva, foi un intenso día científico.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Día da Ciencia-A Coruña 2023
Distribuir contido


by Dr. Radut