Skip to Content

Procedemento de distribución de máscaras para alumnado da ESO

Este venres, 13 de novembro, publicouse no DOG a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a contar desde o 15 de novembro.

 

Preme na imaxe para ler a orde:

Calendario das eleccións ao Consello Escolar 2021

O 4 de novembro constitúese a Xunta Electoral que acorda publicar o calendario das eleccións ao Consello Escolar para o curso 2021/22.

 

 

Pica na ligazón para abrir o arquivo

 

SAMAÍN NO SÁNCHEZ CANTÓN

O alumnado de 2ºTSEASD invita ós pequechos do centro a formar parte dunha actividade o día de Samaín. Esta desenvolverase no paraninfo do centro, convertido no Hospital Sánchez Cantón. Está programada para o vindeiro 29 de Outubro. Esperamos que todos acudan e que se leven unha boa experiencia con eles cando remate a actividade. 

ENTREGA DO PREMIO DE VÍDEO DO IFIC

O pasado 23 de setembro as nosas alumnas Sofía Boullosa García, Irene García Pérez e Sabela Pérez Bouzas, recibiron o Premio Nacional de Vídeo no Certame Express Conciencia no IFIC de Valencia. 

 

VÍDEO-HOMENAXE A FERNANDO OLBÉS

O 30 de setembro celebramos a xubilación do noso compañeiro Fernando Olbés. Este vídeo é unha pequena mostra deses momentos tan emotivos.

 

Congreso Nacional de Astronomía

Cartel elaborado por Juan Carlos Asensi, membro da asociación astronómica Sirio de Pontevedra, para o Congreso Nacional de Astronomía que se celebra en A Coruña entre 9 e o 12 de outubro. O cartel inclúe os sextantes creados polo alumnado e profesorado do Club de Ciencias do IES Sánchez Cantón.