Skip to Content

Lectura e representación de contos de terror en Campolongo

A mañá do luns 30 de outubro, o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na inauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.

Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea, ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.

Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio. Eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos mociños e mociñas de 4º na súa antiga escola.

Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Lectura de contos de terror en Campolongo


album | by Dr. Radut