Iniciar sesión

Secretaría virtual

Clubs de Lectura

Club de lectura "Roulemos"

Hoxe puxemos punto e final aos faladoiros do Club de lectura Roulemos de 1º e 2º de ESO neste curso 2023/2024. Só quédanos gozar da excursión do día 24 para ter un gran peche de club. Esperamos que gozásedes dun curso cheo de lecturas!

Club de lectura "Roulemos"

Non temos palabras suficientes para contarvos todo o que nos gustou e como gozamos a excursión de onte. Os clubs de lectura Roulemos de toda a ESO fomos xunto co club de lectura do IES Rosais 2 á Illa de San Simón, previamente paramos no museo Meirande onde nos explicaron toda a batalle de Rande. Xa na illa, e cuns guías magníficos, contáronnos as distintas fases polas que pasou ao longo da historia, que son moitísimas. Comemos, paseamos, os estudantes puideron facer unha procura do tesouro e, sen dúbida o mellor, é que pasamos un día ao aire libre entre compañeiros e aprendendo moito.

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Lembramos que o próximo lúns 29 de abril hai a derradeira reunión de club de lectura de profes ás 15h na biblioteca.

Club de lectura "Roulemos"

Xa non queda nada para a nosa excursión á Illa de San Simón co club de lectura Roulemos. Os nosos lectores de 1º e 2º leron A lavandeira de San Simón e agora entrarán de cheo nas aventuras de Julio Verne para contextualizar mellor todo o que nos conten na visita. Se queres saber que relación hai entre este famoso autor e a Illa de San Simón, non dubides en vir á próxima reunión do club o 22 de abril ás 15h na biblioteca.

 

Club de lectura profes "Catadores de libros"

Pola conmemoración do día do libro organizamos un amigo invisible para o profesorado, así que se estades interesados anotádevos na sala de profesores. A entrega será no segundo recreo do 23 de abril na sala de profes.

Club de banda deseñada

Onte, finalmente vimos o primeiro capítulo da película Kwaidan. Gracias a todos os que viéstedes.

Club de lectura "Roulemos"

O faladoiro literario de hoxe gustounos moito, todos viñeron cos "deberes" da lectura feitos e deu moitísimo de si. Con esta novela poñiamos fin ao que son as lecturas en si deste curso no club de lectura Roulemos para 3º e 4º de ESO porque no mes de maio dedicarémonos a preparar algo moi especial, estade atentos.

Distribuir contido