Francés
adaptación programación departamento
No arquivo adxunto tedes a adaptación da programación do departemento atendendo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 (DOG nº 29 de 11 de febreiro).
Le racisme de nos jours
Para o proxecto de biblioteca do IES ROU deste curso 2021/22, no Club de lectura de francés de 4º de ESO, lemos "Le racisme expliqué à ma fille" de Tahar ben Jelloun.
Fixemos unha selección por capítulos das frases máis significativas para nós, reflexionando e debatendo ao redor destas.
Posteriormente, ilustrámolas e montamos unha exposición no centro.
No seguinte vídeo, podedes ver o resultado do noso traballo.
100 % de aprobados no DELF Scolaire
O 100 % do alumnado que se presentou ás probas de DELF Scolaire (tanto no nivel A2 coma no B1) conseguiu superalas. Non hai outra cousa que dicir máis que Oh là là.
Le Petit Prince atterrit au ROU
Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.
DELF scolaire
No arquivo adxunto tedes o protocolo anti-COVID para seguir na proba do DELF scolaire.
Moita sorte no exame!!
Un 8 de maio francés
O alumnado de francés de 2º de Bach do curso pasado elaborou o seguinte traballo para o 8 de marzo, día Internacional da Muller. A través deste libro, podedes ver a cronoloxía dos dereitos da muller en Francia, así como as biografías de 10 mulleres que marcaron a historia do país, dende a Idade Media ata a actualidade.
Para velo, facede clic aquí.
DELF SCOLAIRE
Comeza o prazo de matríula para o DELF Scolaire, un diploma expedido por el Ministerio de Educación Nacional de Francia para acreditar as competencias en francés. Tradicionalmente o noso alumnado ten obtido excelentes resultados, polo que é unha grande oportunidade para os que esteades interesados en contar con dito diploma.
Nos arquivos adxuntos tedes a información correspondente.
100% de aprobados no DELF Scolaire
Probas DELF Scolaire
No arquivo adxunto tedes o calendario coas datas das probas do DELF Scolaire para este curso 2020-21. Recordade que son no IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e que é aconsellable chegar 30 minutos antes. A data, horario e lugar de celebración das probas orais están por confirmar. Informaremos persoalmente o alumnado cando se saiban.
Para a alumna que fixo 2º de Bach o curso pasado e está inscrita no B2, as probas serán en novembro na Alianza francesa de Vigo (Delf junior).
PROTOCOLO COVID:
- Tedes que tomar a temperatura antes de acudir ao exame.
- Non acudades ao exame en caso de atoparvos enfermos ou con síntomas.
- Podedes ir ao exame acompañados dunha única persoa.
- Tedes que presentarvos ás probas con máscara, un bolígrafo e a vosa propia botella de auga.
- Deberedes evitar ir con bolso ou mochila.
- Teredes que respectar as instrucións que se vos dean: distanciamento físico, desinfección de mans á entrada do exame...
Moita sorte a tod@s.
