Iniciar sesión

Secretaría virtual

2030 Unha Odisea no ROU

As pandemias nos séculos XX e XXI

No arquivo adxunto tedes o póster que fixo o alumnado de 4º ESO de Cultura Científica, coordinados pola profesora Marta Álvarez, sobre as pandemias nos séculos XX e XXI.

Xenocidios no século XX

Se facedes clic na imaxe, poderedes ver o traballo feito polo alumnado de 1º BAC E e F, coordinados polo seu profesor de Historial do Mundo Contemporáneo, Carlos Lixó, sobre xenocidios no século XX.

 

Os dereitos humanos no cine

Aquí tedes o excelente traballo feito por alumnado de cuarto de ESO, coordinados pola profesora de Valores Éticos, Carmen Fernández, sobre os dereitos humanos no cine.

Le Petit Prince atterrit au ROU

Este curso 2020/21, o alumnado do Club de lectura de francés, coordinado por Henar Pascual Malvar, leu Le Petit Prince de Antoine de Saint- Exupéry e visionou a adaptación cinematográfica de Mark Osborne. Posteriormente, elaboraron o seguinte audiolibro no que quedan reflectidas as súas impresións acerca deste clásico da literatura universal. Á súa vez, guiados por Pablo Martínez Rodríguez, os seus compañeiros de Plástica realizaron unhas fermosas maquetas para expoñer no centro.

Planificación do proxecto do século XX

Se facedes clic na imaxe, teredes acceso á planificación para o século XX dentro do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental.

Concurso século XX

Averigua que representa cada unha das fotos relacionadas co século XX que tedes na porta da ágora. Anímate e participa no concurso.

O século XX no IES ROU

O século XX forma parte do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, coordinado polo grupo de traballo da biblioteca do instituto, que leva varios anos facendo un percorrido pola nosa historia. Estas exposicións iniciaronse na Idade Media no curso 2016 e este ano rematamos o proxecto cunha visión panorámica do século XX: ciencias, vanguardias, historia, música, descubrementos científicos, etc.

 

Actividades ao longo da historia

Se queredes facer un percorrido pola nosa historia facede clic nos distintos iconos:

                

Imaxes do medievo e o barroco obtidas do banco de imaxes do Intef (CCBY-NC-SA 3.0)

 

 

 

Distribuir contido