Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Exposición dos proyectos STEM

Tres grupos de alumnos do noso centro expuxeron brilantemente os seus traballos de STEM. Fixérono na Escola Supeior de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo e na Facultade de mediciña da Universidade de Santiago.

  • Violet Álvarez Rojo e Catuxa Carrera Ferreirós presentaron a Estimación de limiares de normalidade para o test MMSE e validación para o diagnóstico de Alzheimer nunha mostra de pacientes de referencia.
  • Paula Fernández Rodríguez e Antonio Otero Corral expuxeron a Obtención da concentración de unha disolución mediante unha aplicación de móbil.
  • Xabier Ferreiro Santamaría e Sabela González Alcántara defenderon o Estudo da actividade Enzimática da invertase inmovilizada en esferas de alxinato de calcio.

O noso recoñecemento a estes alumnos, así como os titores: María Asunción Longo González, do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, Estrella Álvarez da Costa, do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, Pablo Aguiar Fernández do Centro Singular de Investigación en Mediciña Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago de Compostela e José Luis López López, Rubén Borrajo Santos e María Méndez Pérez do noso instituto.

Agradecemos tamén aos membros dos distintos tribunais que xulgaron estes proxectos e que lles otorgaron unhas excelentes cualificacións.

 

 

Un día de clase no noso centro

Quen falou de clases abrurridas dentro dunha aula? Aquí tedes outro xeito de estar nunha clase que, ao parecer, está poñéndose de moda no noso instituro.

Facede clic enriba da imaxe e o veredes.

Xornadas de Orientación Laboral

Esta semana teremos as charlas de orientación laboral ás que podedes acudir os alumnos de cuarto de ESO e primeiro e segundo de bacharelato.

Esperamos que sexan do voso interese.

Podedes ver o horario das distintas charlas facendo clic na seguinte imaxe:

 

Practicando ioga

Estamos aproveitando algúns dos recreos para practicar ioga, unha actividade que está a ter un grande éxito entre o alumnado. Se facedes clic na imaxe, veredes unha pequena mostra.

As máscaras do entroido en Galicia

O alumnado de terceiro e cuarto da ESO participou nun obradoiro de máscaras relacionadas co entroido galego. A actividade foi coordinada polos departamentos de debuxo e o de lingua galega.

Neste vídeo tedes unha pequena mostra do proceso de creación. 

Charla do investigador Carlos Spuch

O martes 15 de decembro tivemos dous Charlas do investigador e biólogo Carlos Spuch (ao que lle agradecemos enormemente a súa presenza) sobre a prevención e protección ante a Pandemia do COVID-19. Aquí tedes unhas imaxes da interesante e instructiva conferencia dirixida aos alumnos de 1º e 2º bacharelato.

Bo Nadal!

Chegan estas datas e o noso instituto tamén quere participar delas. Aquí tedes un pequeno vídeo que mostra a nosa árbore de Nadal, cuxos adornos están feitos polo noso alumnado, baixo a dirección do profesor Pablo Martínez, con material reciclado. 

O ROU contra a violencia de xénero

Como todos os anos o noso centro participa nas actividades contra a Violencia de xénero (25 de Novembro) propostas polo concello de Vigo en Enlaza Vigo

Participaron os alumnos de Filosofía de 4º na elaboración dun vídeo e alumnos de 4ªA de Valores éticos e Relixión na exposición de carteis con lemas. 

Este curso o eixo principal foi a escala da violencia, os diferentes chanzos que aparecen habitualmente.

Aquí tedes os enlaces onde podedes acceder a estas actividades:

Primeiro dia de clase

Aquí tedes unha foto dos nosos alumnos o primerio día de clase. Como podedes ver, os rapaces poden ser moi responsables.

Xuntámosvos tamén unha copia do protocolo antiCOVID para que lle botedes unha ollada.

Defensa do derradeiro proxecto STEMbach

O día 29 de xullo tivo lugar a defensa do último proxecto de investigación realizado este curso polo alumnado de 2º de bacharelato, dentro do programa STEMbach.

De seguido tedes unha pequena ficha de dito proxecto:

  • Título: "Parámetros físico-químicos y bacteriológicos en el estudio de la calidad del agua en el curso del Río Lagares"
  • Autores: Andrés Alonso Rodríguez, Andrea Gil Collazo, Claudia Guerra Colmenero, Silvia Mete Vázquez.
  • Titores: María Olga Ferro Lorenzo (Departamento de Física e Química do IES ROU), Javier López Bermúdez (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES ROU) e Marta Teijeira Bautista (Departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo).

Os nosos parabéns a todos os participantes.

 

Distribuir contido