Iniciar sesión

Secretaría virtual

Celebración do Día do Libro

Este curso para celebrar o día do libro desde a Biblioteca promoveuse un mercado solidario. Durante unha semana, puidemos intercambiar os libros expostos na Ágora por comida perecedoira que doamos á Asociación de Cáritas de Teís, cuxo responsable nos enviou unha emotiva carta para agradecer esta iniciativa.

Ademais, o club de lectura quixo homenaxear a obra de Cervantes, para o que se pediu, a quen quixese participar, que seleccionase un refrán do Quixote. Incluíronse nun mural todos os refráns escollidos e expúxose na Ágora mentres durou o intercambio de libros.

Novo número de ROULANDO

Sabiamos que estabades esperando con ansia o novo número (o catro xa) da nosa revista ROULANDO. Pois aquí o tedes:

Que o gocedes!

Premios Concurso Literario IES ROU 2022

Este martes, 31 de maio, celebrouse o acto de entrega de premios do Concurso Literario IES ROU 2022, iniciativa do EDNL e Biblioteca. Entregou os galardóns o director. O xurado, formado por Eliseo Martínez, Mar Hospido e Palmira Calvar, decidiu por unanimidade outorgar os premios aos seguintes participantes:

  • 1° Premio Narrativa (categoría I): MIGUEL VILA por "O home de negro".
  • 2° Premio Narrativa (categoría I): LEO SANTIAGO por "Amor no ocaso do pensamento".
  • 1° Premio de Poesía (categoría I): CALEB IGLESIAS por "Os escritos da alma".
  • 1° Premio Narrativa (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "A nena espida sobre a neve".
  • 2° Premio Narrativa (categoría II): JUAN CARLOS BARROS por "Os misterios da Terra Media".
  • 1° Premio de Poesía (categoría II): DANIEL REGUEIRO por "Antoloxía poética".
  • 2° Premio de Poesía (categoría II): ANTÍA FERNÁNDEZ por "Os crueis e os namorados".

Parabéns a tod@s os galardoad@s e mais ao resto de participantes por tantísimo talento!

Premios extraordinarios ESO

Ven de ser publicada a convocatoria dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao cuso 2021/22. Nos arquivos adxuntos tedes a convocatoria da orde e o extracto da mesma.

Maio ilustrado no ROU (II)

O luns 16 de maio o grupo do club de lectura tivo a ocasión de charlar co debuxante e ilustrador Fausto Isorna. Na súa charla contounos como, xa desde moi cativo, sentiu atracción polo mundo do cómic ata conseguir converter a ilustración no seu modo de vida. A continuación explicounos como a través da colaxe ilustrou Alicia no país das marabillas (obra comentada na anterior sesión do club de lectura) e Alicia a través do espellodas que trouxo algunhas colaxes orixinais para que puideramos aprecialas.

 

 

Maio ilustrado no ROU (I)

O xoves 5 de maio o alumnado do club de cómic tivo a ocasión de asistir a un obradoiro impartido polo pintor e ilustrador Ramón Trigo, quen lles explicou como realiza o seu traballo de ilustrador e mostroulles algúns debuxos orixinais, que puideron contrastar cos editados nos libros. Por último, os participantes crearon e ilustraron a súa propia historia.

 

Parbéns as nosas alumnas

O pasado 20, 21 e 22 de maio, Sara Martínez (1º BAC) e máis eu, Naiara Otero (4º ESO), asistimos ó campionato europeo de danza urbana celebrado no parque de atraccións Wunderland na cidade de Kalkar (Alemaña).

Conseguimos os seguintes galardóns ademais dos do resto de categorías dos grupos, solos e dúos da academia. Foron 36 premios en total.

  • Grupo Naiara “DA KIDS” → 4º lugar
  • Grupo Sara “YALAKAI” → 8º lugar

Asimesmo, eu Naiara, participo nun grupo formado por arredor de 45 persoas denominado “DA FAMILY” co cal conseguimos un 3º lugar na categoría de Megacrew. Ambas sentímonos moi orgullosas de vivir esta bonita experiencia rodeada de boa xente. Quereriamos tamén dar as grazas á nosa academia DA Vigo e ós nosos profesores por darnos unha gran oprtunidade e por facer isto posible.

Poesía no ROU

Velaquí unha mostra de que no noso instituto hai poesía e poetas. En primeiro da ESO dedicamos unhas cantas clases a xogar coas palabras e as figuras literarias para expresar sentimentos e ideas sobre o noso día a día no instituto e o que pasa ao noso redor.

Logo editamos os nosos propios poemarios. Tivemos que ver que partes compoñen un libro e decidir tamaño, títulos, cores, portadas etc. 

Estes dezaoito libros recollen o noso traballo, as nosas ideas, o que sentimos e toda a nosa creatividade.

Esperamos que vos gusten!

Se facedes clic nas diferentes miniaturas poderedes apreciar cada un destes excelentes traballos, coordinados polo profesor do Departamento de Lingua Galega Xosé Ramón Alonso Priegue.

Tamén os tedes no arquivo adxunto.

FE DE ERROS: no libro “O noso instituto” falta a mención dun dos autores: Miguel Dafonte (1ºESO-A)

 

           
           
           

Publicación listaxes actividades formación linguas estranxeiras

Podedes acceder ás listaxes de axudicación provisional das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 facendo clic no seguinte enlace.

Axudas libros e material escolar

Está aberta a convocatoria da solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2022/23.

Podedes acceder á información se facedes clic no seguinte enlace.

Se tedes calquera dúbida podedes acercarvos á secretaría do instituto.

Distribuir contido