Iniciar sesión

Secretaría virtual

Admisión curso 24/25

Adxuntamos información correspondente á admisión do alumnado, relativa tanto ao proceso como aos criterios xerais de prioridade na admisión, correspondente ao curso 24/25.

Orgullo Galego no noso centro

Este mércores 17 de xaneiro Borxa, da asociación Orgullo Galego, achegouse ao IES para dar unha charla ao alumnado de 4° ESO sobre a presenza da lingua galega na internet e deixar constancia de que o galego é unha lingua válida para as novas tecnoloxías. Porén, explicou que queda camiño por percorrer porque aínda hai plataformas que non teñen o seu sistema operativo adaptado ao galego.


Nova normativa uso teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos

Informamos da nova normativa xa en vigor, onde se determina a prohibición dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos na totalidade da xornada escolar, incluindo períodos non lectivos (recreos, etc).

No arquivo adxuntos tedes a normativa correspondente.

EXITO NA RECAUDACIÓN SOLIDARIA

Estimada Comunidade Educativa. Dende o IES ROU queremos agradecervos a tod@s, pais, nais, alumnado, profesorado e persoal non docente, a vosa aportación á iniciativa solidaria na adquisición con aportación voluntaria do libro BORIS E COMPAÑIA, ilustrado polo noso profesor do Departamento de Debuxo Pablo Martínez. Todo o recadado, case 600 €, irá destinado a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Este inicitativa non sería posible sen a aportación da propia Editorial Galaxía que donou estes exemplares ao centro .

Agradecer tamén aos diferentes medios de comunicación que fixeron a cobertura informativa e mediática desta labor solidaria e educativa.

        

Pola eliminación da violencia contra as mulleres

Co gallo da conmemoración do día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, no IES República Oriental do Uruguai de Vigo ( Teis ), o ilustrador Orballo, profesor de debuxo do centro, fará unha sinatura multitudinaria do seu libro da Editorial Galaxia "BORIS E COMPAÑIA". Cada persoa interesada poderá adquirir un ou varios exemplares do mesmo, donados pola propia editorial, e facer unha achega económica VOLUNTARIA, destinada a Asociación REDE DE MULLERES VECIÑAIS CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO.

Este acto comezará ás 11:20 h e rematará ás 14:00 h.

Ademáis o centro expón RED FLAGS con consellos para previr conductas sexistas, inaugura o Punto de Igualdade na Ágora do centro, fai homenaxe ás victimas de violencia de xénero do 2023 na camelia da entrada ao instituto e expón iniciativas feitas por mulleres contra a violencia de xénero.

 

Novo día entrega rifas

Dende a ANPA envíannos información sobre o segundo reparto de rifas. Tedes dita información no arquivo adxunto.

Club de lectura

Desde o club de lectura envíannos os carteis das próximas reunións.

Premio extraordinario

O alumno de primeiro de bacharelato do noso instituto, Antón Justo Vicente, ven de ser galardoado cun premio extraordinario de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico ao que se presentaban casi 600 alumnos cos mellores expedientes dos centros galegos.

O alumnado tivo que afrontar unha proba na que se incluían varias das materias que forman parte do currículo de cuarto curso.

Os nosos parabéns para Antón.

Rifas ANPA viaxes alumnado

No arquivo adxunto tedes información enviada pola ANPA do noso centro sobre a solicitude de rifas para o sorteo dunha cesta de produtos navideños coincidente co número ganador do primeiro premio da lotería do Nadal do 22 de decembro de 2023.

Curso E-Dixgal ANPA

A ANPA do noso centro presenta unha actividade relacionada con E-Dixgal que entendemos pode ser do voso interese. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Distribuir contido