Iniciar sesión

Secretaría virtual

Horta americana

No século XVI introdúcense os novos cultivos americanos. No noso centro quixemos facer unha horta con estes produtos: pataca, tomate, cabaciña, pemento.. Os coordinadores do proxecto son Rosa Martínez e Pablo Blanco. Aquí tedes un vídeo.

Horta americana from matesrou on Vimeo.

Renaissance painting

No seguinte vídeo tedes unha mostra das descricións en inglés das pinturas do Renacemento italiano, con autores como Leonardo da Vinci, Miguel Ángel, Botticelli... coordinada por Concepción Vázquez. 

Renaissance painting from matesrou on Vimeo.

Quattrocento e Cinquecento

No seguinte vídeo podedes ver a exposición de pintura, escultura e arquitectura do Renacemento, coordinada polo profesor Felipe Garrido.

Quattrocento e Cinquecento from matesrou on Vimeo.

Premios aos cadernos de viaxe

Cada un dos alumnos que participou no intercambio con Vannes encheu un caderno de viaxe. Aquí temos a entrega de premios aos mellores de 3ºA e 3ºB.

 

 

   

 

 

Cadernos de campo

O alumnado de segundo de bacharelato das materias Xeoloxía e CTMA realizou unha saída a Cabo Home. Como bos científicos que son elaboraron os seus cadernos de campo. Nos arquivos adxuntos podedes ver estes cadernos.

William Shakespeare no ROU

Aquí tedes un avance da que vai ser a mellor representación de todos os tempos do clásico de William Shakesperare Romeo y Julieta.

Debuxando mazás

No segunite vídeo tedes unha mostra dos traballo feitos (utilizando soamente bolígrafo) polo alumnado de primeiro da ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Yunta. 

Manzanas from matesrou on Vimeo.

Hora de partir

O alumnado francés do intercambio despediuse hoxe coa sensación, según nos contan, de ter vivido unha experiencia moi positiva. Queremos agradecer ás familias a súa colaboración, pois sen elas nada disto sería posibel.

Au revoir e... ata o ano que ven!

Premio á excelencia

O antigo alumno do noso centro, Daniel Fernández Vence, acadou un dos Premios á Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes do Bacharelato. Tal e como indicou o reitor Salustiano Mato “con este acto queremos recoñecer a importancia que ten o mérito, a capacidade e o esforzo que se plasman nos resultados académicos que tivestes no ensino secundario”.

Parabéns Dani, que teñas un boa andaina nos teus estudos universitarios.

 

Programa Intercambio Vannes

No arquivo adxunto tedes o programa que seguiremos cos rapaces de Vannes. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto co centro.

Distribuir contido