Iniciar sesión

Secretaría virtual

Premio aos clubs de lectura

Os clubs de lectura do noso centro acaban de ser premiados por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 1210 €. Debemos sinalar a importante labor que leva a cabo o noso instituto no fomento dunha actividade tan importante como é a lectura.

 

O reto do manequín

O alumnnado da Sección Bilingüe de Física e Química de 2º ESO levou a cabo o reto do manequín. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como lles foi.

Mannequin challenge from matesrou on Vimeo.

Representación teatral no IES ROU

O pasado mércores tivo lugar no noso centro a representación de Tempestades, un espectáculo no que os rapaces puideron ver ao actor Ricardo Frazer dando vida a catorce personaxes diferentes, xurdidos de obras de autores como Calderón de la Barca, Ibsen o Shakespeare. Unha experiencia realmente enriquecedora que so a maxia do teatro pode dar. Aquí tedes algunhas fotos:

                           

                                                         

 

Magosto 2016

Como é tradicional, este ano celebramos un novo magosto. Tiramos da corda, fixemos carreiras de sacos, xogamos coas chapas... e, sobre todo, comimos castañas.

Aquí tedes algunhas fotos.

      

      

 E se aínda queredes máis...

 

Magosto 2016 from matesrou on Vimeo.

Premios obtidos polo noso centro

O clube de lectura do noso centro acaba de ser premiado por parte da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con 1210 €. Debemos sinalar a importante labor que leva a cabo o noso instituto no fomento dunha actividade tan importante como é a lectura.

O bo traballo do equipo de biblioteca do noso centro (coa participación de moitos membros da comunidade educativa) foi recompensado con dous importantes premios:

Subvención de 5 300 € concedida dentro do "Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016 - 2017" pola Consellería de Educación e O. U. da Xunta de Galicia.

Concesión de 4 000 € na "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017" organizada pola Fundación Barrié de la Maza. Nesta convocatoria, a devandita fundación seleccionou cinco proxectos de biblioteca dentro de toda Galicia, nas modalidades seguintes: "Proxecto de Centro", "Proxecto Intercentros", "Proxecto Colaborativo" e "Proxecto Infantil". O proxecto de Biblioteca do IES ROU foi premiado na modalidade de "Proxecto de Centro"

Os nosos parabéns a todos (que son moitos) os participantes nestes proxectos.

Nas seguintes imaxes tedes a demostración de que existen moitos xeitos de aprender.

            

 

Unha moi boa experiencia

No seguinte vídeo tedes unha escolma das actividades que levou a cabo o alumnado de terceiro da ESO do noso instituto dentro do programa Quérote+, pertencente ao Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. 

ies from matesrou on Vimeo.

Un día nas Cíes

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasaron todos o último día de curso. 

Un día nas Cíes from matesrou on Vimeo.

Graduación 2º Bacharelato curso 2015/16

No seguinte vídeo tedes unha escolma do emotivo acto de graduación do noso alumnado de segundo de bacharelato.

Graduación 2015/16 from matesrou on Vimeo.

A coroación de Carlomagno

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra da recreación que fixo o alumnado de 2º ESO da coroación de Carlomagno.

La coronación de Carlomagno from matesrou on Vimeo.

Teatro no ROU

No seguinte vídeo tedes a grande actuación dos nosos alumnos en dúas obras de teatro. A representación tivo lugar o día que o centro adicou ás familias dos nosos rapaces. Que as disfrutedes!

Teatro from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido