Obradoiro: o libro cartoneiro
O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana, impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.
Que son as editoriais cartoneiras?
Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse por Latinoamérica.
Caracterízanse polo tipo de libros que publican con independencia das grandes editoriais comerciais e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.
No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.
Libro cartonero from matesrou on Vimeo.
Un visión do centro
Se queredes ter unha idea xeral do funcionamento do noso instituto podedes visitar o seguinte enlace (ou mellor aínda, visitarnos persoalmente).
Convocadas as probas para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos
Por se estades interesados ou coñecedes a alguén que poda estalo, aquí tedes os prazos e a información correspondente.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
Máis información no arquivo adxunto.
Les Châteaux de la Loire
O alumnado de 4º ESO de francés fixo un estupendo traballo sobre os castillos do Loira. Queredes ver o resultado? Non vos perdades o seguinte vídeo:
Les châteaux de la Loire from matesrou on Vimeo.
Skype con Vannes
O alumnado do noso centro xa tivo o primeiro contacto co alumnado de Vannes. Este acercamento virtual fixo que os rapaces aínda desexen con máis forza o comezo do intercambio. Aquí tedes algunhas fotos.
Unha tarde na ópera
O alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu á ópera Romeo y Julieta de Charles Gounod. Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasaron.
Romeo e Xulieta no ROU
Alumnado de 1º e 2º ESO, baixo a direción da profesora Estela Lago Ribo, representou no noso centro unha versión do clásico renacentista Romeo e Xulieta, de William Shakespeare. Debido ao éxito a compañía está sendo requerida en numerosos lugares e vai facer unha xira por: CEIP García Barbón, CEIP Frián, CEIP Mosteiro, IES Castelao e Residencia de maiores Geriatros. Seica xa soan bastante para seren os gañadores dos vindeiros Premios Max. No seguinte vídeo tedes unha mostra.
Romeo y Julieta from matesrou on Vimeo.
Intercambio con Forlì
Nos arquivos adxuntos tedes información de importancia respecto ao intercambio con Forlì. Aquí tedes unha foto que corresponde ao intercambio que se levou a cabo a pasado ano.
Diplôme d'Études en Langue Française
Achégase a información sobre o DELF escolar ( Diplôme d'Études en Langue Française) remitida pola Consellería e a Alianza Francesa de Vigo.
Catapultando que é xerundio
A catapulta é unha arma que se coñece dende a Antigua Grecia, pero foi un científico do Renacemento, Galilo Galilei, o primeiro que escribiu as ecuacións que rixen o movento dun proxectil lanzado por unha catapulta. O alumnado de 2º e 3º da ESO aplicará o método cientíco de experimentación para estudar dito movemento.
No seguinte enlace tedes a posibilidade de ver o seu traballo:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- seguinte ›
- última »
