Documentación DELF Scolaire
Nos arquivos adxuntos tedes a documentación que deberedes entregarlle cuberta a Henar antes do luns 19 de febreiro, no primeiro recreo, para podervos matricular e facer as probas.
O Barroco entra no ROU
O noso centro abre as portas ao Barroco, dentro do proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental". Tal e como se fixera coa Idade Media e co Renacemento, tócalle agora o turno ao Barroco, unha das máis interesantes e complexas épocas da arte.
Olimpíada de Bioloxía
Alumnado do noso centro participou na convocatoria deste ano da Olimpíada de Bioloxía. Para os rapaces é sempre unha experiencia enriquecedora, na que poden ver a materia desde outro punto de vista.
Os alumnos participantes, acompañados pola profesora María Concepción Pérez García, foron: Iram Ahktar, Iria Alonso Trastoy, Belén Montenegro Viñas e Noel Suárez Barro. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á reportaxe que emitiu a Televisión de Galicia. Nas entrevistas aparecen algúns dos nosos alumnos, recoñecibles polo seu saber estar ante as cámaras.
DELF Escolar
Se queredes presentarvos ás probas do DELF escolar (Diplôme d'Études en Langue Française), que son os diplomas oficiais de lengua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países, deberedes falar con Henar antes do día 12 de xaneiro. Ela será a encargada de facer a matrícula, xa que é a coordinadora do centro.
Se facedes clic na seguinte imaxe poderedes acceder a máis información relacionada co DELF Escolar.
No seguinte enlace tedes modelos de exame ( http://www.ciep.fr/delf-junior/exemples-sujets ) e nun dos arquivos adxuntos tedes bibliografía para a preparación de dito exame.
Isto promete
O alumnado de segundo ESO levará a escena tres entremeses, pezas teatrais cómicas, nun acto, que se representaban entre o primeiro e segundo acto das obras do teatro clásico español.
Estes entremeses son: "El retablo de las maravillas" de Miguel de Cervantes, "El viejo celoso", de Miguel de Cervantes e "Tierra de Jauja" de Lope de Rueda.
No seguinte vídeo tedes un avance de como marchan as cousas.
Ensayos teatro from matesrou on Vimeo.
Muller e música en Vigo
O pasado martes, Camen Losada falounos da muller e a música en Vigo durante a Restauración e a Segunda República. No seguinte vídeo tedes unha escolma desta moi interesante conferencia.
Conferencia Carmen Losada from matesrou on Vimeo.
A esgrima a través dos tempos
O luns tivo lugar no noso centro, organizado polo Departamento de Educación Física, unha exhibición de esgrima, onde nos explicaron a súa evolución a través dos tempos. Contamos coa presenza, entre outros, de Rosa Cano Diosa (medalla de bronce europeo, ouro en tres ocasións na Copa América e cinco veces campiona de España) e de Ricardo Soto Caride (campión de España de Tai Chi e especialista en esgrima histórica).
Repasaron a evolución de desta disciplina a través dos tempos, desde as gladio románs ata a esgrima moderna, cuxa base foi a española "espada ropera" que, como o seu nome indica, era un adorno que se levaba na roupa, para moda e defensa persoal.
No seguinte vídeo tedes unha escolma desta interesantísima actividade.
A esgrima a través dos tempos from matesrou on Vimeo.
Simulación de movementos tectónicos
No seguinte vídeo tedes o modelado que fixeron algúns alumnos de primeiro de bacharelato sobre a formación de pliegues tectónicos debidos a forzas de compresión. É bastante ilustrativo para entender como se forman ditos pliegues. Bo traballo!
Modelado de pliegues tectónicos from matesrou on Vimeo.
Estudando a educación no ROU
Onte tivo lugar a segunda das conferencias do ciclo sobre as mulleres en Vigo durante a Restauración e e II República, co título: "A educación istitucional e privada na cidade de Vigo". As conferenciantes foron Miriam Varela Iglesias e María Fernanda Piñeiro Sampaio, investigadoras e profesoras na Escola de Maxisterio CEU de Vigo.
No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo de dita conferencia.
A educación institucional e privada na cidade de Vigo from matesrou on Vimeo.
O ROU contra a violencia de xénero
Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao traballo desenvolvido polo alumnado de 4º ESO sobre a violencia de xénero.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »
