Iniciar sesión

Secretaría virtual

Alumnado de francés no Fiestinema Junior

Os días 13 e 14 de novembro o alumnado de francés de 3,4º da ESO e 1º de BACH asistiu ao Fiestinema Junior no Auditorio municipal de Vigo. Trátase dunha iniciativa da rede de Alianzas Francesas de Estados Unidos creada co apoio do Centre national du cinéma et de l'image animée. O evento acolleu a súa sexta edición e por primeira vez este ano, 9 Alianzas Francesas de toda España levaron este proxecto para brindar o mellor cine francófono ao público xóven co apoio da Embaixada de Francia e do Institut français de España. O alumnado de 3º e 4º visionou Comme un lion de Samuel Collardey e o de 1º de Bach Swagger de Olivier Babinet, dúas películas fantásticas.

Concurso fotografía micolóxica

 

Aquí tedes as bases do concurso fotográfico sobre a ruta micolóxica.

 

Cine inclusivo

Alumnado da ESO do noso centro asistiu ao IV Festival de Cine Inclusivo de Vigo, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo.

A finalidade deste festival é sensibilizar sobre a importancia da inclusión de todos os colectivos na nosa sociedade.

Actividades Concello de Vigo

A Concellería de Xuventude de Vigo presenta o programa  “ESTAR DE OCIO”, unha alternativa de lecer saudable  para os adolescentes durante as fins de semana en Vigo. O proxecto está destinado a mozos e mozas de entre 13 e 17 anos residentes en Vigo ás/aos que se lles propón pasar o seu tempo libre de maneira diferente e dunha forma saudable.

O programa de lecer da concellería de Xuventude de Vigo  realizarase de venres a domingos de 17 a 21 horas  ata o mes de decembro. Para asistir ao programa  que é de balde non é necesaria inscrición previa.

Estar de ocio  conta  cos seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de HIP HOP.
  • Obradoiro de cultura asiática: (akv events), random, play, karaoke.
  • Obradoiro de  Manga - Cómic - Videoxogos, no que descubriran  o mundo do manga, anime e cultura popular xaponesa.
  • Obradoiro  de rap e de  produción musical.

Tamén contaran con eventos coma,  jams de baile, batallas de freestyle, scape room, karaoke xaponés e obradoiros puntuais con blogueiras/os moi coñecidos.

Terán lugar na Casa da Xuventude de Vigo (Rúa López Mora, 31).

Katie na tele

Queredes ver a Katie (a nosa auxiliar de conversa) na televisión? Non vos perdades este vídeo da Televisión de Gaicia.

Paradas buses

Aquí tedes a realción das paradas de autobuses para este curso:

PARADAS BUSES BENITO GARCÍA

1ª.- 08.05hrs Fuente Fenosa-Travesía Vigo.

2ª.- 08.08hrs. Rotonda Calle Aragón nº 118.

3ª.- 08.10hrs. Genaro de la Fuente nº 10

4ª.- 08.12hrs. Travesía cruce Vía Norte nº 37.

5ª.- 08.14hrs. Travesía de Vigo nº 71 (a la altura del Supermercado Día).

6ª.- 08.18hrs. Travesía de Vigo nº 153 (a la altura de Frutas Katusa).

7ª.- 08.23hrs. IES ROU.

PARADAS BUSES TRONCOSO

 1ª Areal 54 (parada buses do Rectorado )

2ª García Barbón 58 (parada Telepizza)

3ª García Barbón (parada anterior a Isaac Peral)

4ª García Barbón 106 (parada de Mapfre ou Voz de Galicia)

Fondo de libros de texto

Nos arquivos adxuntos tedes a relación definitiva de alumnos admitidos e excluídos (alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO) no fondo de libros de texto para este curso.

Fondo libros de texto 1º ESO

Debido á participación do centro no programa E-Dixgal, o relacionado co fondo de libros de texto para alumnado de 1º ESO levarase a cabo unha vez comezado o curso.

Novas

Por favor, consultade a lista de libros de texto de segundo de bacharelato xa que acabamos de incluír un novo libro que non aparecía na listaxe anterior. Pregámosvos desculpas polos inconvenientes que isto poda ocasionarvos.

Non haberá grupo da materia Ciencias da Terra de 2º bacharelato nin de Historia da Filosofía para o grupo de 2º bacharelato de ciencias.

Listaxe provisional Fondo libros texto 19/20

Nos arquivos adxuntos tedes as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no Fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 19/20.

Distribuir contido