Iniciar sesión

Secretaría virtual

Fotos dun cometa

Aquí tedes unhas fotos do cometa C/2020 Neowise feitas polo profe do noso instituto Javier López Bermúdez

Por se precisades máis información:

  • Foi descuberto este mesmo ano, en marzo.
  • Non voltará pasar ata dentro de 6 800 anos.
  • Estivo a 103 millóns de quilómetros (a distancia Sol-Terra é duns 150 millóns).
  • Pode verse ao noroeste, unha hora despois do solpor (sobre as 00 horas), agora por baixo da Osa Maior.
  • Co paso dos días (o resto do mes de xullo) irá subindo pola esquerda da constelación.

Calendario exames setembro 2020

Nos arquivos adxuntos tedes o calendario de exames de setembro. Nun deles aparece por cursos e horas e no outro indícavos tamén a aula onde se farán. Aproveitade o verán para estudar duro e xa veredes como conseguides aprobalos todos. Moito ánimo.

Información alumnado 2º BAC

Despois da ABAU iniciamos o ben merecido período vacacional. Adxuntamos un resumo con información do voso interese: prazos para solicitar residencia universitaria, bolsas e axudas, preinscrición e matriculación no Sistema Universitario de Galicia (S.U.G) ...

Acoséllase estar moi pendente das datas e prazos indicados!

Anexamos tamén a última actualización de oferta de prazas e titulacións para o curso 2020-21 no S.U.G.

Moita sorte!

Club de lectura 1º BAC

O alumnado do Club de lectura de 1º BACHARELATO, acompañados pola coordinadora dos Clubs de lectura, Carmen Ferreiro, asistiu á representación de DON JUAN TENORIO, un clásico universal.

A sesión foi o martes, 28 de febreiro no teatro Salesianos de Vigo. Gustounos e disfrutámolo moito e iso que non sabiamos que sería a nosa última sesión cultural por moitos meses!

O "booktrailer" da biodiversidade

Durante estas últimas semanas na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO (grupos A e B) estivemos traballando o tema da clasificación dos seres vivos, empregando como referencia o sistema dos 5 reinos de Whittaker (modificados). Aínda que se trate dun modelo superado, supón quizais a forma máis simple de achegarnos á comprensión de biodiversidade.

Estudamos as características de cada reino e buscamos especies que nos servisen de exemplo, tentando dar preferencia ás especies máis próximas; as propias de Galicia. Con todo, temos tamén representantes, por exemplo, de fauna exótica. Este traballo serviunos tamén para aprender a escribir correctamente os nomes específicos, e incluso aprender algúns nomes vernáculos grazas á gran ferramenta que para nós foi A Chave.gal.

Antón Justo, de 1º A, fixo o booktrailer que compartimos aquí con vós (facede clic na foto):

A meteoroloxía no ROU

Como parte do proxecto de Meteoescolas, o alumnado de 1º, 3º e 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Mariña López, recolleu datos na estación meteorolóxica situada no noso instituto durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Agora presentamos os resultados da análise destes datos realizada polo alumnado de 1º ESO.

Se queredes velos deberedes facer cli aquí.

 

Información CIUG 2º bacharelato

A CIUG publicou información importante para a matrícula na ABAU 2020 no enlace https://ciug.gal/gal/abau. Recoméndase que a leades con detalle.

Convocatoria

Adxunto resumo da ABAU 2020 esperando vos sexa de utilidade.

Se tedes algunha dúbida ou inquedanza, podedes deixar recado no teléfono do IES para concertar cita previa presencial martes e xoves ou no email: orientacion.rou@gmail.com.

Moito ánimo a todos e a todas.

Departamento de orientación.

Une journée en quarantaine

Aquí tedes un vídeo que realizou Violet, alumna de primeiro de bacharelato A, como tarefa de producción oral para a materia de francés.

Nel podedes ver como era a súa rutina diaria durante o confinamento, antes de que pasaramos á fase dúas.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a él.

Fotos orla 2º bacharelato

Estimados pais e alumnos:

Os próximos días 27 e 28 de maio imos facer a orla de 2º de bacharelato. Para iso necesitamos que o alumno/a cumpra as seguintes normas:

  • Deberá vir no horario marcado para cada alumno, nin antes nin despois
  • Deberá traer mascarilla e só quitala no momento de ser fotografado
  • Deberá lavarse as mans ao chegar
  • Gardará obligatoriamente a distancia de 2 metros (marcada no chan)
  • Traerá unha camisa branca
  • Ao terminar irase do centro, non se quedará charlando en grupo cos compañeiros

O alumno que incumpla as normas non será fotografado para a orla.

O horario para cada alumno indícase no arquivo adxunto.

Novo escenario para o salón de actos

Mirade que chulo quedou o novo escenario do salón de actos. A reforma, feita polo Grupo Arlequín, parece que está a invitarnos a que nos subamos enriba.

Acougade, que o vindeiro curso xa poredes facelo.

Distribuir contido