Investigando
Na materia de Proxecto Competencial estivemos investigando sobre Vigo e, para afianzar os contidos, realizamos unha visita guiada ao centro da nosa cidade.
Información ABAU e título bacharel
Adxuntamos información que pode ser do voso interese sobre os impresos para a matrícula na ABAU e o depósito do título de bacharelato.
Os impresos son meramente informativos, os que vaiades utilizar xa se vos facilitarán nas datas correspondentes.
O Día Mundial da Arte
Cada ano, o 15 de abril, a celebración do Día Mundial da Arte contribúe a reforzar os vínculos entre as creacións artísticas e a sociedade, a fomentar unha maior conciencia da diversidade das expresións artísticas e a entender a cultura como camiño cara a unha educación inclusiva e equitativa. Dende o ROU as alumnas de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, escolleron unha serie de murais do proxecto Vigo, cidade de cor e vencelláronos aos versos de distintas poetas contemporáneas.
Información becas
No arquivo adxunto tedes información que consideramos de interese sobre a convocatoria de becas para estudos postobrigatorios.
London in five days
Aquí temos un vídeo da viaxe a Londres do noso alumnado de primeiro de bacharelato, organizado polo Departamento de Inglés. Polo que parece, mal non o deberon pasar.
Paula Carballeira e o teatro no noso centro
Este martes 2 de abril, dentro das xornadas de encontros con autoras e autores organizada pola Biblioteca e, neste caso, o departamento de Lingua Galega, visitounos PAULA CARBALLEIRA, autora da peza teatral As alumnas, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. Participou o alumnado de 1° de bacharelato que leu a obra, xunto coa súa profesora Esther Quinteiro. Paula Carballeira contounos anécdotas sobre a creación, pescuda e recepción desta obra que trata sobre a educación da muller durante o franquismo e tamén sobre a amizade. Coa soltura que dá toda unha carreira literaria e vinculada ao teatro, respondeu as preguntas das e dos asistentes e intercambiou pareceres e mesmo a interpretación dunha pasaxe connosco. Grazas Paula Carballeira por este encontro tan interesante.
O trastorno bipolar
O martes, 19 de marzo, Rubén e Luz da asociación ASBIGA estiveron por segunda vez no ROU co alumnado de psicoloxía para explicarlles en que consiste o trastorno bipolar, unha enfermidade pouco coñecida a pesar de que afecta a arredor dun 3% da poboación.
Se facedes clic no enlace poderedes acceder a un folleto informativo de dita asociación.
Feira das Ensinanzas Artísticas
O noso alumnado de 4º da ESO asistiu á oitava Edición da Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo no Museo Verbum, onde tiveron a oportunidade de informarse a cerca de ciclos oficiais de grao medio e superior, graos universitarios e formacións técnicas. Entre as especialidades estiveron presentes: moda, deseño de interiores, produción e vídeo, perruquería, xoiaría, auxiliar de vó, piloto de liñas aéreas, idiomas e caracterización.
1º BAC en Londres
Aquí temos unha foto que nos mandan os de primeiro de bacharelato da súa viaxe a Londres. Polo que se ve non deben estar a pasalo moi mal.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »