Iniciar sesión

Secretaría virtual

A orquestra 430 de novo no noso centro

Continuando cos concertos iniciados no pasado curso, a Orquestra Sinfónica 430 volta ao noso instituto baixo a dirección de Isabel Rubio e con Antonio Queija ao piano.

Engadimos uns carteis que fan referencia á programación dos concertos desta afamada orquestra.

Horario buses

No arquivo adxunto podedes acceder ao horario dos buses.

Recordade que o mércores día 15 non haberá servizo de autobuses.

Elección materias matrícula

Aínda que nos sobres de matrícula tedes o impreso para a elección de materias nos distintos cursos, se facedes clic no seguinte enlace, poderedes acceder a eles por lles queredes botar unha ollada.

Mellorando as competencias básicas

Neste curso, dentro do Contrato Programa de "Mellora das competencias básicas", o alumnado de todolos cursos do centro, guiado polo profesorado de diversas áreas (xeografía e historia, matemáticas, galego, inglés, economía, plástica, bioloxía e xeoloxía e educación física) contruiu unha biblioteca audiovisual traballando distintos contidos básicos das materias .

A continuación deixamos o enlace a:

Moitas grazas a todos os participantes.

I congreso de estatística no noso centro

As matemáticas poden aplicarse a moitas situacións e facilitan a resposta a moitos problemas que poden plantexársenos. O alumnado de primeiro de ESO, coordinado polas profesoras do departamento de matemáticas Mariña López e Adela Rodríguez, deron esta solucións no I Congreso de Estatística, celebrado no noso instituto.

Un destes traballos (feito por Miguel Carbalho, Andrea Núñez, Gabriel Rodríguez e irene Román) resultou finalista no XI Concurso de Sondeos e Experimentos, que defenderon na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Se queredes saber algo máis, facece clic nos seguintes enlaces:

Premios extraordinarios de ESO

No DOG do venres día 4 de xuño ven de ser publicada a orde pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21. O prazo remata o día 6 de xllo de 2021.No arquivo adxunto tedes a orde publicada no DOG.

A poesía no noso centro

O profesor de galego Xavier Xil Xardón impartiu un obradoiro de poesía dirixido aos alumnos de ESO e Bacharelato. O obradoiro pechouse cun recital da poeta Silvia Penas quen, co seu grupo Cintaadhesiva, levou ao escenario poemas de Xela Arias e da propia Silvia. Foi unha actividade moi enriquecedora que esperamos poder seguir organizando nun futuro.

Aprendendo a crear un libro ilustrado

O profesor de Educación Plástica e visual, Pablo Martínez, que ilustrou o conto Pulguiña da editorial Kalandraka, expuxo os debuxos orixinais, sen o texto, e faloulles aos alumnos de 1º ESO sobre o proceso de creación do libro.

 

Calendario exames 2º BAC

No arquivo adxunto tedes o calendario de exames de xuño. Moita sorte!!

A lectura, tamén en inglés

Este curso un grupo de alumnos de 3 ESO, coordinados pola profesora do departamento de inglés, Palmira Calvar, leu The Breadwinner da escritora canadiana Deborah Ellis. Se facedes clic na imaxe teredes un pequeno vídeo sobre este proceso  e a interesante historia que se narra neste libro.

 

Distribuir contido