Iniciar sesión

Secretaría virtual

Recoñecemento mellores expedientes

O pasado 23 de xuño tivo lugar no multiusos Fonte do Sar, en Santiago de Compostela, o acto de recoñecemento aos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia.

O acto foi presidido polo Reitor da USC don Antonio López Días, acompañado da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, dona Judit Fernández Novoa.

Abaixo tedes a Laura Domínguez Figueira e Carla Sánchez Montenegro nese acto. Os nosos parabéns.

 

Adxudicación definitiva AXUDASLE

Infórmase da publicación da listaxe de adxudicación definitiva de alumnado seleccionado e suplente en relación ás Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (AXUDASLE 2022).

Pódese consultar toda a información na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Fícción versus realidade

Na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, todo o alumnado podía, voluntariamente, participar nesta actividade, enmarcada no proxecto de Biblioteca “O libro nos camiños da Cultura Occidental. O Século XXI”, que tiña duas partes. Na primeira, debían seleccionar un capítulo da serie Black Mirror, ou unha película cunha temática similar, e facer un traballo escrito no que achegasen a súa reflexións acerca da influencia  das novas tecnoloxías na vida social (redes sociais, intelixencia artificial, big data, realidade virtual, etc), comparar o que sucede na ficción co que xa está a pasar na realidade e achegar a sua visión crítica sobre ese tema. A segunda parte consistía en exponer diante do seu grupo o traballo realizado co fin de suscitar o debate na clase sobre a nosa dependencia desas tecnoloxías.

Se queredes ver o resultado, escaneade o código QR da imaxe que tedes abaixo, na que vemos a fotos de algún do alumnado que expuxo.

Acontecimientos históricos século XXI

O grupo de 2º ESO A de Oratoria participó no proxecto coordinado pola Biblioteca, “O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI”, realizando - en parellas ou tríos - un vídeo sobre algún acontecemento histórico que marcara as duás primeiras dećadas do sećulo XXI: epidemias, atentados, desastres naturais, irrupción das redes sociais, a crisis financeira, a primavera árabe, o cambio climático, o movemento Me Too, o xenoma humano, o euro, ou algún personaxe importante.

 

A actividade estivo coordinada por Carmen Ferreiro, do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, quen previamente introducíalles os temas, tanto teóricamente como a través do visionado de obras similares. Ao finalizar o proceso, fixeron un visionado conxunto dos vídeos cunha finalidade triple: avaliacioń grupal dos traballos presentados, conẽcemento dos acontecementos históricos e  pracer de ver o traballo dos companẽiros e companẽiras.

 

Se facedes clic nas imaxes poderedes acceder a algún destes traballos.

 

Inmersión lingüística en francés

O alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 3º ESO en francés poderá optar en 4º ESO ás prazas de inmersión linguística que ofertará o Concello de Vigo.

Así, o alumnado poderá optar a unha estadía de tres semanas en Francia, unha grande oportunidade para profundizar no coñecemento da lingua e a cultura francesas.

Criptomoedas

Para o proxecto de Biblioteca do IES ROU "O libro nos Camiños da Cultura Occidental,adicado este ano ao S.XXI, desde o Deparamento de Economía o alumnado de 1ºBacharelato E – F, coordinado por Tamara Cambra Otero, investigaron sobre o complexo mundo das criptomoedas.

A través do documental “Magic Money” (https://www.youtube.com/watch?v=KjIyaun-d5A) aprenderon os conceptos fundamentais: ¿Que son as criptomoedas?, orixe, principais características, ¿qué é o bitcoin?, orixe e creador ¿cómo operar con bitcoins?, ¿qué é o libro branco?, cartera fría, clave pública vs. privada, ¿qué é a tecnoloxía blockchain?, ¿qué é a minería?, vantaxes e dasvantaxes das criptomoedas fronte as divisas tradicionais, etc.

Despois afondaron sobre a diferencia entre as dúas principais criptomoedas (Bitcoin e Ether) e a tecnoloxía blockchain visionado do vídeo de Pablo Gil (https://www.youtube.com/watch?v=uWntJaOq4PY).

Comentaron tamén múltiples noticias relacionadas coas criptomonedas e fixeron unha posta en común do aprendido.

Por último, o alumnado realizou, en grupos de 3 – 4 compoñentes, un pequeno traballo sobre as criptomoedas de estilo libre, que inclue posters, vídeos, trípticos, presentación e un monopoly.

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á memoria de dito traballo.

 

Eco-friendly homes

No proxecto ECO-FRIENDLY HOMES colaboraron dous departamentos. Dende o de Plástica, dirixidos pola profesora Marta Olivares fixeron un deseño dunha vivenda ecolóxica, que mostrase algúns elementos tecnolóxicos, materiais reciclados ou de proximidade, para a axuda do aforro enerxético ou a preservación do medio ambiente. Dende o departamento de Inglés, dirixidos pola profesora Concepción Vázquez e a auxiliar de conversa Jamie Berkson, o alumnado tivo que facer unha descrición escrita desa casa ecolóxica, empregando as estruturas e vocabulario aprendido, e mencionando as súas propostas medioambientais. A montaxe dixital é de Xulio Banga.

Entrega diplomas STEM

O pasado luns tivo lugar na Universidade de Vigo a entrega de diplomas ao noso alumnado do bacharelato de excelencia (STEMbach) Ana Sande e Diego González. Os nosos parabéns.

Posverdade: a mentira a golpe de clic

Este relato foi escrito de forma colaborativa polo alumnado de Filosofía de 4º ESO, coordinado pola profesora Celeste Cancela. O traballo encádrase dentro do proxecto "O libro nos camiños da cultura occidental: o século XXI", coordinado pola Biblioteca do centro. Narra as andanzas dunha rapaza chamada Hannah no país da posverdade. Son moitas as aventuras ás que se vai enfrontar a protagonista para poder chegar a distinguir o verdadeiro do falso, o real do "fake". Conseguirá a nosa heroína saír  san e salva de tanta picardía? 

O relato está formado por catro capítulos, nos que se abordan as seguintes cuestións: que é a posverdade, a relación entre a posverdade e a realidade, a relación entre a posverdade e as noticias falsas e, finalmente, a relación entre a posverdade e as redes sociais.

Datas importantes

No arquivo adxunto tedes datas de interese cara ao final de curso.

Distribuir contido