Iniciar sesión

Secretaría virtual

#MeeToo

Foi o alumnado de 1º Bach de Historia Contemporánea quen realizou o proxecto do #MeToo”. Elaborando este traballo, coordinado pola profesora Olga Cabrinety e dentro do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI, reflexionouse sobre a situación na que viven as mulleres de todo o mundo. Tomouse conciencia da necesidade de entender que a igualdade e a xustiza teñen que existir entre mulleres e homes, deixando atrás barreiras de toda índole. Para levar a cabo o anterior, analizaron este movemento que nutriría a cuarta ola do feminismo, así como aprender as repercusións que tivo en Estados Unidos (sendo un puntal importante a figura de Ocasio Cortez), en Europa, no cono Sur e noutras latitudes por onde se espallou. O Feminismo ten moitos desenvolvementos e non é un só, así que o empoderamento por parte da muller que xa non quere calar, dá como resultado o cuestionamento da masculinidade ensinada dende fai séculos e a necesidade da implicación do home como parte imprescindible para que todo mude de verdade.