Iniciar sesión

Secretaría virtual

II Xornadas de Orientación Académica e Profesional

O día 2 recibimos información relacionada coas probas de acceso á universidade (ABAU): inscrición, tipo de probas, notas de corte, inscrición á universidade… Os representantes da USC e da UVigo achegáronse ó noso centro para falarnos da oferta de graos en cada unha das universidades, bolsas de estudo, residencias universitarias, oferta de actividades de lecer…

O día 3 de marzo, a información facilitada versou sobre a FP dual: requisitos, prazos de matrícula, duración, vantaxes... A continuación, a representante da UDC, detallounos a oferta de graos, mobilidade, vida no campus e outras cuestións de interese para o alumnado do noso instituto.

Agradecemos a todos estes representantes das universidades a súa presenza no noso centro.