Iniciar sesión

Secretaría virtual

Obradoiro: o libro cartoneiro

O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana,  impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.

Que son as editoriais cartoneiras?

Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse  por Latinoamérica.

Caracterízanse polo tipo de libros que publican con  independencia das grandes editoriais comerciais  e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.

No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.

Libro cartonero from matesrou on Vimeo.