Iniciar sesión

Secretaría virtual

Exposición sobre Biodiversidade en Galicia

Desde o 10 ao 30 de abril teremos no noso centro unha exposición sobre Biodiversidade en Galicia. Está cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), da Universidade da Coruña e sito no Castelo de Santa Cruz en Oleiros.

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que podes atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparás as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. Tamén poderás coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana, por exemplo, na alimentación, grazas á cría e cultivo de variedades galegas de maior calidade.