Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

English Week

Nos arquivos adxuntos tedes documentación relativa á participación no programa English Week 2017. Por favor, lédea con atención; se tedes calquera dúbida podedes porvos en contacto co centro.

A Ruta do ROU

Alumnado de 2º ESO do noso centro está a participar nunha "Ruta Científica, Artística e Literaria", un programa organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cuxa finalidade é mellorar a formación recibida no centro a través de entornos máis experimentais e visuais. Pasarán unha semana recorrendo Andalucía Oriental e Murcia, compartindo momentos e actividades co alumnado do IES Mar de Aragón (Caspe, Zaragoza).

Co seguinte vídeo teredes unha idea desta experiencia:

Ruta do ROU from matesrou on Vimeo.

Kerouac no noso centro

Hoxe tivemos a oportunidade de ver diferentes caras da poesía no noso centro. O alumnado disfrutou dunha escolma de creacións de poetas que participarán no vindeiro Festival Internacional KEROUAC.

 No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi este Kerouac no noso instituto: 

Kerouac no ROU from matesrou on Vimeo.

Hi Vigo

Aquí tedes algunhas fotos que nos mandaron os nosos rapaces desde Saffron Walden (preciosa cidade do Condado de Essex) dentro do programa Vigo en Inglés, organizado polo Concello de Vigo.

 

 

 

Alumno do noso centro admitido nun campus científico

Noel Suárez Barros, alumno de 1º Bacharelato de ciencias,  foi admitido no Campus Científico Ad Futurum, no proxecto Trending Topic #La Tierra, iniciativa da Fundación para la Ciencia y la Tecnología e o Ministerio de Educación, Cultura y DeporteA esta convocatoria dos Campus Científicos presentáronse un total de 3296 alumnos de 1º de BAC.

Cadernos de campo

O alumnado de segundo de bacharelato das materias Xeoloxía e CTMA realizou unha saída a Cabo Home. Como bos científicos que son elaboraron os seus cadernos de campo. Nos arquivos adxuntos podedes ver estes cadernos.

Fernando Lalana no noso instituto

O escritor Fernando Lalana estivo no noso centro onde impartiu unha charla, organizada polo Departamento de Lingua Castelá, ao alumnado de segundo e terceiro de ESO. Como saberedes Fernando Lalana é un escritor de literatura xuvenil galardonado con multitude de premios, entre os que están o "Gran Angular", o "Barco de Vapor", o "Premio Nacional de literatura Infantil y Juvenil" o "Cervantes Chico", etc. Entre os seus libros atópanse algúns tan coñecidos como "Morirás en Chafarinas", "El último muerto", "La tuneladora"...

No seguinte vídeo tedes un resumo da súa visita. 

FERNANDO LALANA from matesrou on Vimeo.

Día da Muller no ROU

Aquí tedes un pequeno vídeo do acto que se celebrou no noso centro con motivo da celebración do Día da Muller. 

Día Internacional da Muller (convertido) from matesrou on Vimeo.

Entroido no ROU

Queredes ver o ambente que había na nosa celebración do entroido deste ano? Non vos perdades o seguinte vídeo.

Entroido 2017 from matesrou on Vimeo.

Representación teatral no IES ROU

O pasado mércores tivo lugar no noso centro a representación de Tempestades, un espectáculo no que os rapaces puideron ver ao actor Ricardo Frazer dando vida a catorce personaxes diferentes, xurdidos de obras de autores como Calderón de la Barca, Ibsen o Shakespeare. Unha experiencia realmente enriquecedora que so a maxia do teatro pode dar. Aquí tedes algunhas fotos:

                           

                                                         

 

Distribuir contido