Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Premios extraordinarios de bacharelato

Na seguinte foto tedes a Belén Montenegro Viñas, , Noel Suárez Barros e Marta Fernández Miller, alumnado do centro que se presentou aos Premios Extraordinarios de Bacharelato. Moita sorte aos tres.

Acto graduación 2º BAC

O pasado mércores celebrouse no noso centro o acto de graduación do alumnado de segundo de bacharelato. Todos os que formamos parte deste instituto dexesámoslle o mellor. No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que foi este acto.

Graduación 17:18 from IES ROU on Vimeo.

Conmemoración do "Día Internacional da Muller a a Nena na Ciencia

Tal e como vos informabamos fai uns días, no centro tentamos conmemorar o "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia". Fixémolo cun ciclo de conferencias onde se puxese de manifesto a importancia da muller na ciencia ao longo da historia e nos tempos actuais. Aquí tedes un vídeo que resume como foi este ciclo.

Día internacional da muller e a nena na ciencia from IES ROU on Vimeo.

Entroido 2018

Escoitadas moitas opinións, podemos asegurar que este foi o mellor entroido no noso centro (posiblemente). No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra para que podades opinar:

Entroido 2018 from IES ROU on Vimeo.

Muller e música en Vigo

O pasado martes, Camen Losada falounos da muller e a música en Vigo durante a Restauración e a Segunda República. No seguinte vídeo tedes unha escolma desta moi interesante conferencia.

Conferencia Carmen Losada from matesrou on Vimeo.

Estudando a educación no ROU

Onte tivo lugar a segunda das conferencias do ciclo sobre as mulleres en Vigo durante a Restauración e e II República, co título: "A educación istitucional e privada na cidade de Vigo". As conferenciantes foron Miriam Varela Iglesias e María Fernanda Piñeiro Sampaio, investigadoras e profesoras na Escola de Maxisterio CEU de Vigo.

No seguinte vídeo tedes un pequeno resumo de dita conferencia.

A educación institucional e privada na cidade de Vigo from matesrou on Vimeo.

O ROU contra a violencia de xénero

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder ao traballo desenvolvido polo alumnado de 4º ESO sobre a violencia de xénero.

Magosto 2017

Como podedes ver no vídeo, este ano as castañas e os xogos saíron de marabilla. Que o disfrutedes. 

Magosto 2017 from matesrou on Vimeo.

Xosé Luís Méndez Ferrín no ROU

Hoxe tivo lugar a primeira das conferencias do ciclo "As mulleres de Vigo durante a Restauración e a II República". O ponente foi Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e político, gran coñecedor da historia de Vigo e de Galiza e que nos falou sobre a sociedade de Vigo neste período.

Aproveitamos para agradecerlle a súa presenza no noso centro.

No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi este acto. 

Xosé Luís Méndez Ferrín from matesrou on Vimeo.

Visita á Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

Alumnado de bacharelato e de 4º ESO realizou unha visita á Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A actividade consisitu nun obradoiro de recoñecemento de minerais de visu e a visita a dous laboratorios, un de termografía e outro de explosivos.

No seguinte vídeo tedes un resumo do moito que traballaron os rapaces. 

Visita á Escola de Minas from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido