Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Plan Proxecta: "Por 365 días de respecto e igualdade"

Xa temos rematado o vídeo "Contamos todas" e o calendario onde mulleres maiores lle contan ao alumnado de 2º e 3º da ESO a súa experiencia como mulleres a partir de 1920, falando das súas vivenzas e das diferencias entre antes e agora. No calendario rexístrase o máis significativo do que nos contaron.

Parabéns ás profesoras Dolores Ferreira, Blanca Dans e Elvira González pola coordinación do alumnado. 

Aquí tedes o vídeo e despóis o enlace ao calendario.

Se facedes clic no enlace poderedes ir ao calendario.

Enlace calendario

Graduación 18/19

No seguinte vídeo tedes unha escolma do que foi o acto de graduación do alumnado de segundo de bacharelato, un acto cheo de emoción e bos momentos. Que o disfrutedes.

O noso insti no Faro de Vigo

O noso instituto está que se sae e o Faro de Vigo non podía ser alleo a esta situación. Se facedes clic nos diferentes enlaces poderedes ver do que vos falo:

Visita ETAP e EDAR

Alumnado do Bacharelato de Excelencia realizou unha visita á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Eiras e á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Lagares.

No seguinte vídeo poderedes facervos unha idea do que viron nas dúas estacións.

Visita EDAP - EDAP from IES ROU on Vimeo.

Entroido 2019

Se queredes unha pequena mostra do que foi o entroido no noso centro, aquí a tedes.

Memoria Rutas CAL

Como sabedes, alumnado de primeiro de bacharelato realizou unha ruta por Navarra e Aragón dentro do programa Rutas Artísticas, Científicas e Literarias, convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. No arquivo adxunto tedes a memoria realizada polo alumnado para que coñezades as actividades que se levaron a cabo en dito programa.

Doazón para a Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato

O pasado luns, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, tivo lugar no noso centro unha recollida de fondos para entregala a Asociación de mulleres vecinais contra o maltrato. Vendéreonse doces feitos polo alumnado e tamén houbo aportacións por parte das familias e do persoal do centro.

Agradecemos todas as colaboración desinteresadas, que fixeron posible doar a cantidade de 289,89 €. Na foto podedes ver a Javier López na asociación o venres, día no que se fixo entrega do recadado.

A Consulesa Xeral da República Oriental do Uruguai no noso centro

Onte estivo no noso instituto dona Mª del Huerto Arcaus Sánchez, Consulesa Xeral da República Oriental do Uruguai, que presentounos “Cuentos de la Selva”, de Horacio Quiroga. O alumnado puido ser partícipe da importancia da selva na vida do grande escritor.

Asistiron ao acto o Xefe Territorial da Consellería de Educación en Pontevedra, don César Ares, e a Inspectora do centro, dona Marina Couñago.


 
   

 

O alumnado de 1º BAC está en ruta

Vintecatro alumnos de primeiro de bacharelato de ciencias están a facer unha ruta por Navarra e Aragón dentro do programa Rutas Científicas, Artísticas e Literarias convocado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Comparten este proxecto co IES Casas Viejas de Cádiz.

Nesta foto estan no Laboratorio subterráneo de Canfranc, onde puideron observar experimentos sobre a enerxia e a materia escura.

 

Visita Universidade de Vigo alumnado STEMbac

No seguinte vídeo tedes un resumo do que foi a visita do noso alumnado do Bacharelato de Excelencia á Universidade de Vigo. 

Distribuir contido