Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Primeiro dia de clase

Aquí tedes unha foto dos nosos alumnos o primerio día de clase. Como podedes ver, os rapaces poden ser moi responsables.

Xuntámosvos tamén unha copia do protocolo antiCOVID para que lle botedes unha ollada.

Defensa do derradeiro proxecto STEMbach

O día 29 de xullo tivo lugar a defensa do último proxecto de investigación realizado este curso polo alumnado de 2º de bacharelato, dentro do programa STEMbach.

De seguido tedes unha pequena ficha de dito proxecto:

  • Título: "Parámetros físico-químicos y bacteriológicos en el estudio de la calidad del agua en el curso del Río Lagares"
  • Autores: Andrés Alonso Rodríguez, Andrea Gil Collazo, Claudia Guerra Colmenero, Silvia Mete Vázquez.
  • Titores: María Olga Ferro Lorenzo (Departamento de Física e Química do IES ROU), Javier López Bermúdez (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES ROU) e Marta Teijeira Bautista (Departamento de Química Orgánica da Universidade de Vigo).

Os nosos parabéns a todos os participantes.

 

Defensa dos proyectos STEMbach

O día 15 de xullo, no Salón de Actos do centro, tivo lugar a defensa de catro dos cinco proxectos de investigación realizados polo alumnado de 2º de BAC no bacharelato de excelencia STEMbach durante os curso 2018-19 e 2019-20. Esta defensa estaba prevista para o día 25 de marzo, no Salón de Graos da Escola de Enxeñeira Industrial da Universidade de Vigo pero o confinamento por mor do Covid-19 non permitiu facelo.

O primeiro grupo, preocupadopola contaminación da ría, presentou un traballo titulado “Estudo da presenza de microplásticos nos areais da contorna da ría de Vigo”.

En Arcade existen dous viadutos distintos, coa finalidade de estudar as diferenzas estruturais destes, outros alumnos presentaron un informe titulado “Evaluación teórico experimental de esfuerzos en estructuras articuladas”.

As características e a seguridade para a saúde das persoas levou a un novo grupo a realizar una investigación ao respecto, que defenderon co título “Estudio de parámetros físico-químico en cosméticos y detergentes”

E o último grupo propuxo unha solución para que todo o alumnado da ESO do noso centro puidese utilizar o transporte escolar, minimizando os custos coa xeración novas rutas para os autobuses. Esta investigación foi recollida no informe “Optimización del transporte en ei IES ROU. Un problema de Programación Lineal Entera”.

O noso agradecemento aos titores, tanto do centro como da Universidade de Vigo, polas súa dedicación a este ilusionante proxecto e os nosos parabéns a todo o alumnado participante polo magnífico traballo feito ao longo destes anos e por afrontar con valentía e tesón a situación sobrevida pola Covid-1.

Aquí tedes unhas pequenas indicacións sobre os traballos e as persoas que participaron neles:

"Optimización del trasporte escolar del ies república oriental do uruguai. Un problema de programación lineal entera"

  • Alumnos: Adriano Dellapenna SainzAriadna González Ballesteros
  • Titores: Adela-Rosa Rodríguez Rodríguez. IES República Oriental do Uruguai. Gloria Fiestas Janeiro. Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Vigo

"Evaluación teórico-experimental de esfuerzos en estructuras articuladas"

  • Alumnos: Carla Lago Santos, Aitor Rodríguez Iglesias
  • Titores: Adela-Rosa Rodríguez Rodríguez. IES República Oriental do Uruguai. Jose Carlos Caamaño Martínez. Departamento de Ingeniería de los Materiales, Mecánica Aplicada y Construcción.

"Estudo da presenza de microplásticos nos areais na contorna da ría de vigo"

  • Alumnos Eloy Guimeráns Díaz, Diego Lama veiga, Laura López Alonso, Laura López Rodríguez
  • Titores: Pablo Blanco Lobato. IES República Oriental do Uruguai. Estrella Álvarez da Costa. Departamento de Enxeñaría química. Universidade de Vigo.

"Parámetros físico – químicos en cosméticos y detergentes"

  • Alumnas Carmen Lorenzo Alonso, Cora Campos Fernández, Celia Casal Calvar, Andrea Pozo Cernadas
  • Titores: Pablo Blanco Lobato. IES República Oriental do Uruguai. Estrella Álvarez da Costa. Departamento de Enxeñaría química. Universidade de Vigo
         

Club de lectura 1º BAC

O alumnado do Club de lectura de 1º BACHARELATO, acompañados pola coordinadora dos Clubs de lectura, Carmen Ferreiro, asistiu á representación de DON JUAN TENORIO, un clásico universal.

A sesión foi o martes, 28 de febreiro no teatro Salesianos de Vigo. Gustounos e disfrutámolo moito e iso que non sabiamos que sería a nosa última sesión cultural por moitos meses!

Entrega orlas 2º BAC

Este ano non puidemos facer o tradicional acto de entrega de orlas ao noso alumnado de 2º de bacharelato. Non obstante, isto non foi obstáculo para que non puidésemos facer un acto alternativo. Queredes ver o resultado? Pois botádelle unha ollada ao seguinte vídeo.

Emotiva visita

Durante o pasado curso, alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES ROU investigaron sobre a desigualdade de xénero e a súa evolución durante os últimos anos. Como parte deste proxecto entrevistaron ás súas avoas e a mulleres maiores da Residencia DomusVi. O traballo quedou reflectido nun vídeo editado por 3 alumnos que cursaban 4º de ESO.

Este luns, e como parte das actividades para conmemorar o Día Internacional da muller, estudantes e profesores visitaron ás protagonistas do vídeo na residencia DomusVi e proxectaron o vídeo que recibiu o aplauso xeral. Tamén se elaborou un calendario con fotografías das protagonistas, do que se lles entregou copias que recibiron emocionadas.

Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi esta emotiva visita.

Entroido 2020

Aquí tedes un pequeno vídeo sobre o que foi o entroido no noso centro. Que vos divirtades! 

Poñéndose na pel de outro

O luns 3 de febreiro, parte do alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de aprender, da man da arquitecta Belén Vaz Luis, non só a importancia da relación entre a arquitectura e as diferentes barreiras que topamos na nosa vida, senón de experimentar como estas supoñen unha dificultade cotiá para aquelas persoas con algún tipo de discapacidade física ou sensorial, sendo conscientes da importancia de que arquitectos, institucións e administración fagan o posible por eliminar esas barreiras.

 

Magosto 2019

Aquí tedes o vídeo do magosto deste ano, no que as castañas estaban especialmente boas e os xogos máis animados ca nunca. 

Xornada de portas abertas 2019

Sei que sodes moitos os que estades esperando o vídeo coa escolma das actividades que tivemos na xornada de portas abertas. Non aparecen todas as que se fixeron pero serve para facernos unha idea do que aconteceu. Que o disfrutedes.

Distribuir contido