Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Marcapáxinas solidarios (II)

Xa fixemos o ingreso do recadado polos marcapáxinas solidarios a Save the Children. Agradecéronnos a aportación co diploma que adxuntamos:

O entroido está ao chegar

Aquí tedes os carteis do entroido que fixo Marta Olivares para que vaiades quentando motores.

Presentación dos calendarios competenciais no noso centro

A Deputación de Pontevedra escolleu o noso centro para presentación dos calendarios competenciais, ideados pola mestra e pedagoga Teresa Domínguez.

No acto participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a propia Teresa Domínguez, a profesora do centro (que colaborou na realización dos calendarios) Mercedes Martín, e o director, Pablo José Martínez.

Según indicou a presidenta da Deputación "estes calendarios son instrumentos que axudan ás nenas e ós nenos a converterse en persoas con pensamento crítico... e que o fagamos como colectividade".

Rougosto 21

Celebramos o magosto no noso centro con moitas castañas e xogos tradicionais. No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos.

Nova actuación da orquestra 430 no noso instituto

Tal e como vos informabamos, a orquestra 430, baixo a dirección de Isabel Rubio, continúa coa excelente relación co noso instituto que iniciamos o pasado curso e ofreceunos todo o seu bo facer.

O alumnado do centro puido asistir e disfrutar de primeira man da presenza dunha orquestra sinfónica, algo non habitual nun centro educativo.

Agradecemos a súa deferencia con nós e esperamos seguir mantendo esta, sen dúbida enriquecedora, relación.

Deixámovos cun pequeno vídeo para que vos fagades unha idea do que aconteceu. 

A orquestra 430 de novo no noso centro

Continuando cos concertos iniciados no pasado curso, a Orquestra Sinfónica 430 volta ao noso instituto baixo a dirección de Isabel Rubio e con Antonio Queija ao piano.

Engadimos uns carteis que fan referencia á programación dos concertos desta afamada orquestra.

Colleita

Coa fin do curso chegou o momento de recoller, tamén, os froitos do traballo na horta. Aquí tendes parte da recolleita do alumnado de 1º de ESO:

     

Mellorando as competencias básicas

Neste curso, dentro do Contrato Programa de "Mellora das competencias básicas", o alumnado de todolos cursos do centro, guiado polo profesorado de diversas áreas (xeografía e historia, matemáticas, galego, inglés, economía, plástica, bioloxía e xeoloxía e educación física) contruiu unha biblioteca audiovisual traballando distintos contidos básicos das materias .

A continuación deixamos o enlace a:

Moitas grazas a todos os participantes.

Concerto da Orquestra Vigo 430 no noso centro

A “Orquestra Vigo 430” naceu co el objectivo de dotar á cidade dunha orquestra sinfónica, unha formación profesional con músicos tanto galegos como nacionais e internacionais, contando ademais coa colaboración de solistas de enorme sona, caso de Marie Chilemme, do prestixioso “Cuarteto Ébène”, que hoxe acompañounos cunha viola de 1650.

Un dos obxectivos da 430 foi acercar a música clásica a un maior público potencial, e ahí entra o IES República Oriental do Uruguai... A raíz da colaboración dunha profesora de Historia do centro (Rosa Del Río) coa orquestra, que desde o outono de 2020 realiza as notas históricas aos programas dos seus ciclos de concertos.

Baixo a batuta da súa extraordinaria directora titular, Isabel Rubio, o venres pola mañá fixéronnos percorrer a segunda mitade do século XVIII cun programa que incluía obras de Herschel, Haydn e Hofffmeister.” 

Distribuir contido