Iniciar sesión

Secretaría virtual

Outras actividades biblioteca

Actividades biblioteca

Personificando a poesía

Co gallo do Día Mundial da Poesía, desde o noso centro queremos facer unhas pequenas achegas con poemas recitados polo profesorado e alumnado do instituto. Se facedes clic enriba de cada nome podedes acceder a elas.

 

  Anxo Raxó

 Mar Hospido

 Cándido Carrera

 Iago Lores

 Pablo Martínez

 

 

  

Homenaxe a Quino

Con motivo da morte o pasado 30 de setembro do xenial debuxante Quino, o equipo da biblioteca do noso instituto preparoulle unha pequena homenaxe da que podedes ver unha mostra se facedes clic en cada unha das imaxes.

 

Revista Equipo Dinamización e Normalización Lingüística

Desde o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística puxemos en marcha a realización dunha revista do instituto co alumnado. Podedes acceder ás súas versións en internet clicando nos seguintes enlaces:

Tamén podedes acceder ás versións pdf nos arquivos adxuntos.

Recordamos tamén aos membros do equipo que tedes reunión os martes, no primeiro recreo, na aula de 4º A (aula de plástica).

Que disfrutedes da lectura!

Gran concurso do século XX

O venres 18 de decembro, despois dunha ampla e reñida participación, o xurado concedeu dous premios no Gran Concurso do Século XX:

  • 1º Premio: Agustina Álvarez e Víctor Barrado
  • 2º Premio Francisco Grande, Marcos Bértolo e Jose Antonio Grande

Parabéns aos gañadores!!

Suxestións de lecturas

Se facedes clic na imaxe poderedes acceder á suxestión de lecturas para este Nadal que se propoñen desde a biblioteca do centro. Animádevos a escoller algunha.

Teatro no ROU

No seguinte vídeo tedes tres entremeses representados polo alumnado de 2º ESO co gallo da xornada de portas abertas que se celebrou no noso instituto. Que o disfrutedes.

Teatro no ROU from IES ROU on Vimeo.

Actividades Barroco

 

O Barroco entra no ROU

Representación entremeses

A esgrima a través dos tempos

 

Revista Ciencia no Barroco

 

 

Exposición Barroco

 

Baroque

     

Verne, Vigo e o ROU

Co gallo do 150 aniversario da visita do Nautilus a Vigo, ponse en marcha o proxecto "12000 libros baixo os mares". Estes libros constituirán unha biblioteca  ambulante centrada no mar.

Ao mesmo tempo, lévase a cabo unha exposición (cedida polo profesor do IES Santa Irene Rodrigo Pérez Pintos) que tenta fomentar nos rapaces o interese pola ciencia, a fantasía e a búsqueda do que todavía non se coñece.

Neste vídeo tedes unha pequena mostra desta exposición certamente evocadora.

Verne, Vigo e o ROU from IES ROU on Vimeo.

Recollendo o premio

Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".

Obradoiro: o libro cartoneiro

O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana,  impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.

Que son as editoriais cartoneiras?

Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse  por Latinoamérica.

Caracterízanse polo tipo de libros que publican con  independencia das grandes editoriais comerciais  e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.

No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.

Libro cartonero from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido