Iniciar sesión

Secretaría virtual

Actividades

Premios concurso de fotografía pola igualdade

Hoxe foi a recollida de premios do I Concurso de Fotografía e Frase Curta pola Igualdade, promovido pola ANPA do noso centro en colaboración co Centro Comercial Travesía á que aistiu o alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a concelleira Dna. Nuria Rodríguez (tedes una reseña no xornal do Concello de Vigo).

Se facedes clic na fotografía cos finalistas accederedes a un pequeno resumo do que foi este acto.

O ROU contra a violencia machista

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o día mundial contra a violencia de xénero. Dende o IES ROU de Vigo rexeitamos calquera tipo de violencia pero hoxe, especialmente, a violencia machista. Velaí algúns dos carteis elaborados polo alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO.

   

Magosto 22

Aquí tedes un vídeo, feito por Xulio Banga, que mostra o ben que o pasamos no magosto deste ano. 

Gañadores concurso portas terroríficas

Temos que dar os nosos parabéns ao curso gañador do "I Concurso Portas Terroríficas do IES ROU" que foi o grupo de 4º ESO B.

Aquí tedes as súas portas.                

 

Preparados para unha noite terrorífica

Esta noite chega o medo e no ROU estivemos preparándonos. Neste vídeo tedes unha mostra. Que vos aterroricedes ben! 

Graduación 4º ESO 21-22

Aquí tedes un pequeno vídeo que tenta ser un resumo do acto da graduación do alumnado de 4º ESO. Os nosos parabéns pola organización do acto e pola actuación de Eva Collazo e do grupo Bees? (quizáis o insti sexa o xerme dunhas futuras estrelas).

Entrega diplomas STEM

O pasado luns tivo lugar na Universidade de Vigo a entrega de diplomas ao noso alumnado do bacharelato de excelencia (STEMbach) Ana Sande e Diego González. Os nosos parabéns.

Graduación 2º BAC 2021-2022

O pasado venres celebrouse no noso centro a graduación do alumnado de 2º bacharelato. Foi un acto tremendamente emotivo, onde os sentimentos estiveron presentes en cada recuncho. Aquí tedes un pequeno resumo en imaxes do que aconteceu. 

Graduacións segundo bacharelato e cuarto ESO

Chega o fin de curso e con él o momento de despedir a algúns dos nosos alumnos. Haberá dous actos de graduación: o de segundo de bacharelato e o de cuarto ESO. Aquí tedes algunha información que pode ser do voso interese:

Graduación segundo bacharelato:

  • Día 10 de xuño, ás 17 h.
  • Información confidencial: vai actuar Eva Collazo (voz e piano) e o DJ Roi.

Graduación cuarto ESO:

  • Día 17 de xuño, ás 18 h.
  • Información confidencial: vai actuar o grupo Bees? (xúntase cartel).

 

Parbéns as nosas alumnas

O pasado 20, 21 e 22 de maio, Sara Martínez (1º BAC) e máis eu, Naiara Otero (4º ESO), asistimos ó campionato europeo de danza urbana celebrado no parque de atraccións Wunderland na cidade de Kalkar (Alemaña).

Conseguimos os seguintes galardóns ademais dos do resto de categorías dos grupos, solos e dúos da academia. Foron 36 premios en total.

  • Grupo Naiara “DA KIDS” → 4º lugar
  • Grupo Sara “YALAKAI” → 8º lugar

Asimesmo, eu Naiara, participo nun grupo formado por arredor de 45 persoas denominado “DA FAMILY” co cal conseguimos un 3º lugar na categoría de Megacrew. Ambas sentímonos moi orgullosas de vivir esta bonita experiencia rodeada de boa xente. Quereriamos tamén dar as grazas á nosa academia DA Vigo e ós nosos profesores por darnos unha gran oprtunidade e por facer isto posible.

Distribuir contido