Iniciar sesión

Secretaría virtual

Anuncios

Fotos orla 2º bacharelato

Estimados pais e alumnos:

Os próximos días 27 e 28 de maio imos facer a orla de 2º de bacharelato. Para iso necesitamos que o alumno/a cumpra as seguintes normas:

  • Deberá vir no horario marcado para cada alumno, nin antes nin despois
  • Deberá traer mascarilla e só quitala no momento de ser fotografado
  • Deberá lavarse as mans ao chegar
  • Gardará obligatoriamente a distancia de 2 metros (marcada no chan)
  • Traerá unha camisa branca
  • Ao terminar irase do centro, non se quedará charlando en grupo cos compañeiros

O alumno que incumpla as normas non será fotografado para a orla.

O horario para cada alumno indícase no arquivo adxunto.

Novo escenario para o salón de actos

Mirade que chulo quedou o novo escenario do salón de actos. A reforma, feita polo Grupo Arlequín, parece que está a invitarnos a que nos subamos enriba.

Acougade, que o vindeiro curso xa poredes facelo.

Protocolo incorporación alumnado 2º bacharelato

Indícase o protocolo que deberá seguir o alumnado de segundo de bacharelato que acceda ao instituto a partires da semana do 25 de maio: 

  1. O alumno deberá chegar ao centro con mascarilla e tela posta en todo momento. Non se permitirá o acceso ao centro sen mascarilla
  2. Non saudará con bicos, estreitando as mans ou con abrazos
  3. Manterá unha distancia de seguridade de 2 metros
  4. Seguirá a señalización marcada no chan e as paredes
  5. Lavarase as mans ao chegar con auga e xabón nos servizos do centro.
  6. Non se concentrarán grupos superiores a 5 alumnos e, en todo momento, gardaranse os dous metros de distancia
  7. Lavará as mans con auga e xabón antes e logo de utilizar o aseo
  8. As zonas comúns permanecerán pechadas(ágora, biblioteca, patio, etc.). A asistencia ao centro é exclusivamente para recibir as actividades lectivas propostas; unha vez finalizadas as clases, o alumno non permanecerá no Centro.

Convocatoria fondo libros e material escolar

Xa está publicada a convocatoria para o fondo solidario de libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

Nos arquivos adxuntos tedes a orde do DOG (hai unha corrección de dita orde no anexo denominado "fondo solidario de libros. corrección") e os anexos que debedes cubrir.

Modificación das programacións dos departamentos.

Atendendo ás instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, os departamentos modificaron as súas programacións.

Podedes acceder a ditas modificacións no departamento correspondente.

Información de interese

Ante a situación creada polo estado de alarma en todo o Estado español, o que supón entre outras medidas o peche dos centros educativos para o alumnado. Temos tomado as seguintes medidas, coa finalidade de non interromper o proceso educativo dos nosos alumnos e alumnas:

  1. O alumnado recibirá formación e a relación das tarefas para realizar a través da aula virtual do centro, da plataforma E-Dixgal e do correo electrónico do profesorado.
  2. O alumnado poderá comunicarse co profesorado do mesmo xeito.
  3. Os pais e nais do alumnado poderán solicitar información ao profesorado a través da aplicación abalarmobil ou do correo do centro.
  4. Se se atopan problemas coas canles sinaladas, póñanse en contaco telefónico co centro de 10:00 a 13:00 h.
  5. Pospóñense todas a citas de titoría ata a apertura do centro.
  6. O alumnado que tiña exames e tarefas pendentes realizará os mesmos na semana de reincorporación ao centro, según un calendario que se publicará na páxina web do centro.
  7. Na seguinte semana á realización dos exames, farase a 2º avaliación para a ESO e 1º BAC. De coincidir coa Semana Santa, farase na seguinte semana

QUÉDATE NA CASA!!

A dirección

Información Covid-19

Se facedes clic sobre a imaxe, accederedes á entrevista a Juan Gestal, Catedrático de Medicina Preventiva, concedida ao Telexornal Mediodía da Televisión de Galicia. Entendemos que pode ser do voso interese.

Paradas buses

Aquí tedes a realción das paradas de autobuses para este curso:

PARADAS BUSES BENITO GARCÍA

1ª.- 08.05hrs Fuente Fenosa-Travesía Vigo.

2ª.- 08.08hrs. Rotonda Calle Aragón nº 118.

3ª.- 08.10hrs. Genaro de la Fuente nº 10

4ª.- 08.12hrs. Travesía cruce Vía Norte nº 37.

5ª.- 08.14hrs. Travesía de Vigo nº 71 (a la altura del Supermercado Día).

6ª.- 08.18hrs. Travesía de Vigo nº 153 (a la altura de Frutas Katusa).

7ª.- 08.23hrs. IES ROU.

PARADAS BUSES TRONCOSO

 1ª Areal 54 (parada buses do Rectorado )

2ª García Barbón 58 (parada Telepizza)

3ª García Barbón (parada anterior a Isaac Peral)

4ª García Barbón 106 (parada de Mapfre ou Voz de Galicia)

Fondo de libros de texto

Nos arquivos adxuntos tedes a relación definitiva de alumnos admitidos e excluídos (alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO) no fondo de libros de texto para este curso.

Fondo libros de texto 1º ESO

Debido á participación do centro no programa E-Dixgal, o relacionado co fondo de libros de texto para alumnado de 1º ESO levarase a cabo unha vez comezado o curso.

Distribuir contido