Iniciar sesión

Secretaría virtual

Premios extraordinarios ESO

Vense de publicar no DOG a convocatoria dos premios extraordinarios ao rendemennto académico correspondentes ao curso 2022/23. Para acceder á información podedes facer clic nos enlaces que aparecen a continuación:

Xúntase un documento resumo con indicacións importantes.

As nosas, entre as mellores

Dúas das nosas alumnas (Sheila Díaz e Noa Cernadas) atópanse entre as candidatas a ser elexidas na gala do deporte como mellores promesas da cidade no 2022. O resultado saberémolo o próximo día 20 de abril na Gala do Deporte.

Os nosos parabéns e moita sorte!

Se queredes acceder a máis información, clicade no enlace, onde poderedes ver a noticia publicada no Faro de Vigo.

                       

Premios extraordinarios bacharelato

Vense de publicar a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato, dotados con 1 000 € cada un (para ver toda a información podedes facer clic no seguinte enlace).

O alumnado interesado en participar pode poñerse en contacto coa dirección do noso instituto.

Becas Ministerio Educación

Aquí tedes información que acabamos de recibir da Xefatura Terrirorial de Educación respecto á convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación.

Comunicámosvos os prazos da nova Convocatoria de bolsas xerais de estudos para niveis postobrigatorios. O prazo para solicitar as bolsas para o curso 2023/2024 será dende o vindeiro 27 de marzo ata o 17 de maio

É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 23/24 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Os alumnos de ESO que teñan intención ou sexan candidatos a cursar FP Básica no curso 23/24 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Aproveitamos para avanzar que a convocatoria das bolsas de Apoio Específico sairá, previsiblemente, coma o ano pasado, a mediados de maio.

Se faces clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Cuestionario convivencia

Se facedes clic neste enlace poderedes acceder á enquisa de convivencia (que vos animamos a cubrir) do centro para as familias.

Información

Se facedes clic na imaxe accederedes a información que pode ser do voso interese.

Photocall 8M

Aquí tedes algunhas das fotos que fixo o alumnado de 4º ESO B cunhas mensaxes reivindicativas do Día da Muller.

               

Agora tócanos a nos

Despois da visita que nos fixo o alumnado francés, tócanos a nos  devolvela. Así pois, os nosos rapaces saen o día 23 cara Rennes, onde estarán ata o seguinte xoves.

Se facedes clic na imaxe accederedes ao programa da estancia.

Bon voyage.

Recibidos polo alcalde

O venres 3 marzo, o alumnado francés e español foi recibido no Concello polo noso alcalde,que alabou a importancia deste tipo de iniciativas para o enriquecemento cultural e personal da nosa rapazada, así como o hermanamento entre países.

Posteriormente,disfrutamos dun percorrido gratuito no bus turístico para mostrárlle a nosa fermosa cidade aos nosos convidados.

Fotografía: cortesía do Concello de Vigo

Distribuir contido