Iniciar sesión

Secretaría virtual

Debuxo

Programacións

No arquivo adxunto tedes as programacións do departamento correspondentes ao curso 22-23.

Marcapáxinas solidarios (II)

Xa fixemos o ingreso do recadado polos marcapáxinas solidarios a Save the Children. Agradecéronnos a aportación co diploma que adxuntamos:

Marcapáxinas solidarios

O alumnado da ESO do noso centro participa un ano máis no certame de marcapáxinas solidarios promovido pola ONG SAVE THE CHILDREN. Enmarcado dentro das actividades organizadas polo equipo da Biblioteca para celebrar a semana do libro, o noso alumnado de Educación Plástica deseña e pon a venda (0.50 €) estes marcapáxinas. Todo o recadado será ingresado na conta da citada ONG.

 

A obra de Lita Cabellut

Desde o Deparamento de Eduación Plástica e Visual do IES ROU presentamos o proxecto sobre a obra de Lita Cabellut, artista catalana de fama mundial. Esta actividade está enmarcada no proxecto PLAMBE do noso centro, adicado este ano ao S.XXI foi desenvolvida polo alumnado de 4º de ESO. Esperamos que vos guste.

Pintando polo medio ambente

Este 14 de febreiro, o alumnado de 3º 4º de ESO matriculado na materia de Educacíon Plástica participou nunha actividade artística organizada pola Fundación Abanca, chamada "PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS". Consiste na intervención en 50 centros educativos galegos facendo murais exteriores empregando pinturas fotocatalíticas de últuma xeración que, ademais de decorar, axudan a purificar o aire, eliminar malos olores e contaminación ambiental absorbendo dióxido de carbono e liberando osíxeno, do mesmo xeito que o fan as plantas (calcúlase que un metro cadrado desta pintura fai o mesmo que unha árbore).

O deseño fixéronno os nosos alumnos (baseado nas prinicpais árbores galegas: carballo, faia, castiñeiro, bidueiro...). Un artísta especializado axudoulles a desenvolvelo a maior escala.

Ademais fixeron un obradoiro de bolsas pintadas onde reflexionar con imaxes da importancia da reciclaxe e do coidado do medio ambente e da ecoloxía . 

O resultado foi espectacular e danos pé a seguir este proxecto mural noutras paredes exteriores do centro empregando esta pintura orgánica. Ademáis das imaxes que ilustran esta reportaxe , podedes consultar a evolución do traballo desenvolvido e información do proxecto e dos materiais no QR instalado no propio mural . Parabéns aos nosos artistas!

 

   

Estraños seres no noso instituto

O noso alumnado de 4º de ESO matriculado na materia de Educación Plástica e Visual inaugurou o sistema expositivo situado na parede exterior da biblioteca, cunha exposición de debuxo artístico sobre as sereas e tritóns, eses seres mitolóxicos metade humán e metade peixe ou ave, común en todas as culturas antigas arredor do mundo.

Empregando a técnica mixta de grafito e tinta, cada  artista desenvolveu o seu estilo propio ilustrando estes seres que forman parte do imaxinario colectivo mundial: a famosa Ariel, os Mariños de Galicia, Melusina de Francia, Yemanyá do Mar Caribe, as Mondao comehomes de Zimbaue e un largo etcétera.

 

Unha arte moi galega

Din que os INNUIT (mal chamados esquimós) teñen no vocabulario da súa lingua ata 14 palabras que diferencian as tonalidades do branco da neve. En Galicia non podiamos ser menos e distínguense 61 termos que fan referencia aos diferentes tipos de chiova.

O alumnado de Educación Plástica de 4º de ESO, xunto co Equipo de Dinamización Lingüística fixo unha actividade de caligrafía artística dando conta da riqueza léxica fascinante da nosa lingua ilustrando palabras coma babuza, barbanza, parruma, patiñeira... (chuvia feble); ballón, dioivo, xistra... (chuvia forte); torbón, trebón (raios e tronos); cebrina, escarabana, pedrazo... (neve e xeo); delampar, escambrar, estiñar (cando remata de chover); borraxeira, fuscallo, zarrazina... (cando hai condensación).

Na seguintes fotos tedes algúns exemplos.

Aprendendo a crear un libro ilustrado

O profesor de Educación Plástica e visual, Pablo Martínez, que ilustrou o conto Pulguiña da editorial Kalandraka, expuxo os debuxos orixinais, sen o texto, e faloulles aos alumnos de 1º ESO sobre o proceso de creación do libro.

 

Safari fotográfico

Aquí tedes o resultado do traballo feito polo noso alumnado de Educación Plástica e Visual coordinado polo profesor Pablo Martínez, indo á caza de perspectivas inusuais do noso centro. Facede clic na foto e accederedes. Que vos divirtades.

 

Programación curso 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Distribuir contido