Iniciar sesión

Secretaría virtual

Lingua Castelá

Caligramas

Se queredes botarlle unha ollada aos caligramas feitos polo alumnado de 4º ESO, baixo a coordinación da profesora Carmen Ferreiro, podedes ver este pequeno vídeo. 

Caligramas from matesrou on Vimeo.

Poesía en movemento

Alumnado de 2º ESO, baixo a coordinación da profesora Carolina Durán, realizou unha serie de móbiles decorativos con poesías de autores do Renacemento español (Garcilaso de la Vega, Fray Luis de León, San Juan de la Cruz, Santa Teresa de Jesús...).

Botádelle unha ollada ao vídeo para ver o resultado.

Poesía en movimiento from matesrou on Vimeo.

Recollendo o premio

Na seguinte foto podemos ver á profesora Estela Lago, do departamento de Lingua Castelá, recollendo o premio outorgado pola Fundación Barrié dentro da "V Convocatoria de Proxectos Escolares 2016 - 2017".

Obradoiro: o libro cartoneiro

O día 7 de febreiro, a profesora da Universidade de Vigo Carmen Luna Sellés, especialista en literatura latinoamericana,  impartiu un obradoiro aos alumnos de 1º de bacharelato no noso centro sobre o libro cartoneiro en Hispanoamérica.

Que son as editoriais cartoneiras?

Son unha tendencia dentro dalgunhas editoriais alternativas polas súas temáticas e uso de materiais para a publicación. Xurdiron en 2003 coa creación de Eloísa Cartonera en Buenos Aires e expandironse  por Latinoamérica.

Caracterízanse polo tipo de libros que publican con  independencia das grandes editoriais comerciais  e por utilizar formatos artesanais na edición dos seus libros.

No seguinte vídeo podedes ver o éxito que tivo este obradoriro.

Libro cartonero from matesrou on Vimeo.

Programación 2021/22

No arquivo adxunto tedes a programación correspondente ao curso 2021/22.

Representación teatral no IES ROU

O pasado mércores tivo lugar no noso centro a representación de Tempestades, un espectáculo no que os rapaces puideron ver ao actor Ricardo Frazer dando vida a catorce personaxes diferentes, xurdidos de obras de autores como Calderón de la Barca, Ibsen o Shakespeare. Unha experiencia realmente enriquecedora que so a maxia do teatro pode dar. Aquí tedes algunhas fotos:

                           

                                                         

 

Membros do Departamento de Lingua Castelá

María del Carmen Ferreiro Salgado

Sonia Domínguez Ónega

Elena Nieto Domínguez

Rosa María Iglesias Galán

 

Distribuir contido