Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA ASIGNACIÓN FONDO LIBROS

Publicadas as listaxes definitivas de asignación de Fondo Libros. 

En cumprimento da Lei de protección de datos, poderanse consultar no vestíbulo do centro e na aplicación gratuita Fondolibros da Consellería de Educación, abrindo a pestaña "cidadán".

AVISO: DISPONIBLES OS CHEQUES DE MATERIAL

As persoas con dereito a cheque de material poden pasar a recollelo a partir do luns día 16 de xullo na Administración do centro.

Horario: de 10.00 a 13.00 h

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018-2019

Listaxe admitidos 1º ESO

Listaxe admitidos 1º Bach

Contra estas listaxes, poderase presentar recurso de alzada  que resolverá a Xefatura territorial.

Prazo de presentación:un mes a contar desde o día seguinte á publicación (do 17 de maio ao 17 de xuño).

Lugar de presentación: na Administración do centro ou na Xefatura territorial de Educación (nRexistro do Edficio administrativo da Monelos, A Coruña)

 

PRÓXIMA PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2018-2019

Por cuestións alleas ao centro, as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2018-2019 publicaranse, se é posible, o mércores 16 de maio.

Poderán consultarse no taboleiro do centro e na web, onde figurarán o nome, apelidos e total de puntos de cada solicitante (sen desglosar os apartados).

AVISO IMPORTANTE: MODIFICACIÓNS NAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA 1º ESO

Segundo informou a Consellería, houbo un erro na aplicación informática que afectou ás listaxes de 1º ESO.

En consecuencia, hoxe día 25 sairán unhas novas listaxes que poderán consultarse no taboleiro do vestíbulo do centro.

En consecuencia, o prazo de alegacións comprenderá desde o 26 de abril ao 4 de maio, ambos incluídos.

PUBLICADA LISTA PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2018-2019

Publícanse hoxe as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2018-2019.

En cumprimento da Lei de protección de datos, as listaxes están expostas no taboleiro situado no vestíbulo do centro.

O prazo para presentar alegacións estará comprendido entre o 26 de abril e o 4 de maio, ambos incluídos.

REPARTO GRATUITO DE LEITE E FROITA NOS RECREOS

Infórmase ás familias de que desde o día 4 de abril ata o día 13 de abril ambos incluídos repartirase de novo leite de modo gratuito, continuando coa campaña do Fondo Galego de Garantía Agraria.

O alumnado con intolerancia que estea diagnosticado recibirá leite sen lactosa.

Por outra parte, durante dez días lectivos consecutivos -desde o 16 ao 27 de abril, ambos incluídos- repartirase no dous recreos,  froita fresca (plátano, clementina e mazá).

Durante o mes de maio so se repartirá leite.

PRAZO DE ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMAR SOLICITUDES ADMISIÓN

O prazo para entregar documentación para baremar é desde o 22 de marzo ata o 6 de abril, ámbolos dous incluídos).

Horario: de 10.00 a 13.00 h.

Lugar: Administración do centro.

 

NOTA: o centro permanecerá pechado os días 29 e 30 de marzo por ser festivos.

INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019

Pódese consultar todo o relacionado coa admisión pinchando no bloque ADMISIÓN E MATRÍCULA, na barra lateral esquerda. Tamén está disponible nos taboleiros do centro.

Sesións informativa sobre o TEI a familias de alumnado de 1º, 3º e 4º

15/01/2018 18:15

Farase no salón de actos co seguinte horario:

18.15-19.15 : familiares de alumnado de 1º.

19.30-20.30: famiiares de alumnado de 3º e 4º

 

Distribuir contido


by Dr. Radut