Skip to Content

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29 de setembro) no mes de novembro convocaranse elccións para a renovación dos  consellos escolares dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos. As eleccións teñen por obxecto cubrir as prazas que queden vacantes dentro do Consello Escolar, que no caso do IES Rego de Trabe son as seguintes:

  • 3 representantes do profesorado
  • 3 representantes do alumnado
  • 1 representante do persoal de administración e servicios
  • 1 representante das familias

NOMEAMENTO DA XUNTA ELECTORAL:

A xunta electoral velará polo cumprimento da legalidade dos comicios e estará composta polos seguintes membros:

  • a directora
  • 1 docente elixido por sorteo público
  • 1 pai/nai ou titor(a) legal elixido/a por sorteo público
  • 1 alumno/a elixido/a por sorteo público
  • 1 membro do persoal de administración e servicios elixido por sorto público

CALENDARIO do proceso, aprobado pola Xunta Electoral na reunión celebrada o 3 de novembro de 2021.

Os resultados das votacións para a renovación parcial do Consello Escolar dos diferentes sectores da comunidade educativa do IES Rego de Trabe están publicados no taboleiro da entrada do edificio principal. Hai de prazo ata mañá para elevar reclamacións.

 

 

 

Samaín e Magosto 2021

Hoxe celebramos o Magosto e o Samaín no RdT! 
 
Tomamos no recreo unhas riquísimas castañas asadas. O alumnado tomou un cucurucho delas e todo isto grazas á organización da ANPA.
 
A continuación un xurado composto por dous membros da ANPA e dous do profesorado, deliberaron para decidir as aulas gañadoras do concurso de decoración de portas. A decisión foi moi difícil de tomar por mor  da gran participación do alumnado.
 
PARABÉNS ás gañadoras, que foron:
 
A PORTA MÁIS TERRORÍFICA: 2ºC
 
 
A PORTA MÁIS DIVERTIDA: 4ºA
 
 
A PORTA MÁIS ORIXINAL: 2ºB
 
 
 Deixámosvos as fotos de todas as portas do RDT, para que comprobedes o gran nivel! 
 
 
Grazas pola vosa participación!
 
Pasade boa ponte dos Santos!

GRUPOS 1º BAC

    1º BAC A        1º BAC B      1º BAC C 

COMEZAMOS O CAMIÑO NO REGO!!!

O pasado venres, 8 de outubro, o noso alumnado de 1º ESO participou no patio do Rego nunha xincana de probas na que ademais de resolver os retos plantexados polos distintos departamentos, aproveitaron para coñecerse un pouco máis. Foi unha xornada na que a convivencia e a diversión estiveron moi presentes. 
Deixámosvos co lema que todos os grupos descubriron despois de completar a xincana:
BENVID@S  AO  RDT!!!
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut