Skip to Content

Matrícula de honra

CRITERIOS

Respectaranse os criterios establecidos nas intrucións que publique a Consellería de Educación, Cultura e Universidade, aos que en todo caso se engadirán instrucións a ter en conta no caso de que houbese máis estudantes candidatos a matrícula de honra das que se poidan outorgar:

1. OBTENCIÓN DA MATRÍCULA DE HONRA DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

O alumnado que obtivese unha nota media do cuarto curso igual ou superior a nove puntos poderá recibir a mención de matrícula de honra. Poderá concederse, como máximo, a un número de alumnas ou alumnos igual ao enteiro máis próximo ao 5 % do total de alumnado matriculado no centro docente no cuarto curso. Nunha sesión extraordinaria de avaliación na que estarán presenten os titores e as titoras de 4º de ESO outorgaranse as matrículas de honra. Se houbese máis estudantes candidatos que matrículas se poden outorgar, resolverase atendendo aos seguintes criterios na orde en que se presentan:

- Maior nota de 4º de ESO.

- Maior nota media de toda a etapa da ESO.

- Maior nota media nas materias troncais de 4º de ESO.

- Maior nota media nas troncais de opción.

- Maior nota media de 3º de ESO.

2. MATRÍCULA DE HONRA DE BACHARELATO

O alumnado que obtivese no 2º curso de Bacharelato unha nota media igual ou superior a 9 puntos poderán recibir a mención de matrícula de honra. Esta mención concederaselle a un número de alumnas ou alumnos igual ao enteiro máis próximo ao 5 % do total de alumnado matriculado no centro docente deste curso. Nunha sesión extraordinaria de avaliación na que estarán presentes os titores e as titoras de 2º de Bacharelato outorgaranse as matrículas de honra. Se houbese máis estudantes candidatos ca matículas se poden outorgar, resolverase atendendo aos seguintes criterios na orde en que se presentan:

- Maior nota media do 2º curso de Bacharelato.

- Maior nota media de todo o bacharelato.

- Atoparse en situación ecónomica desfavorable. Para alegar esta circunstancia, as persoas proxenitoras ou titoras legais dos alumnos/as deberán aportar na secretaría do centro, durante o curso escolar e ata a primeira quincena de maio, algún documento dos que se detallan a continuación:

- Certificado ou informe dos Servicios Sociais municipais, nos que se reflicta a situación socioeconómica adversa dos membros computables da unidade familiar.

- Certificado do Servicio Galego de Emprego no que faga constar a situación administrativa e laboral actual (desempregado) e de ser ou non beneficiario dunha prestación ou subsidio de desemprego e, no seu caso, a súa cuantía bruta igual ou inferior ao IPREM, dos sustentadores principais.

Distribuir contido


by Dr. Radut