Skip to Content

O Rego de Trabe nas semifinais da Copa Colegial!!

Tras vencer en cuartos de final ao Liceo 52-35, nun vibrante partido xogado no pavillón do Sofía Casanova, co apoio que agradecemos da nosa afección, o equipo acadou o pase á semifinal, que se xogará contra Maristas.
 
Moita sorte neste enfrontamento, no que se repetirá o partido da final do ano pasado!!!
 

VIAGEM A VIANA DO CASTELO

Finalmente, na segunda-feira, dia 13, a maior parte do alunado de Português de 1º, 2º e 3º da ESO foi conhecer Viana do Castelo. A previsão era de chuva, mas afinal não choveu muito e foi possível seguir todo o programa.

A primeira visita foi ao navio-hospital Gil Eannes, que dava apoio aos bacalhoeiros que faziam campanhas de até 6 meses sem voltarem a Portugal. Dividimo-nos em dois grupos porque ali dentro os corredores são estreitos e os camarotes pequenos. O navio tinha de tudo: enfermarias, sala de operações, cozinha, lavandaria, barbearia e até um elevador. Alguns pescadores até fingiam estarem doentes para poderem passar uns dias a bordo do Gil Eannes!

A seguir fomos almoçar à Escola do Carmo, onde fomos muito bem recebidos. Como era a hora do recreio, jogou-se ao futebol, ao bafão, aos matraquilhos... e conversou-se e brincou-se muito, galegos e portugueses à mistura.

Para sobremesa, visitamos o Museu do Chocolate, onde tivemos a oportunidade de conhecer todo o processo de fabricação desde o cacau até aos diferentes tipos de chocolate. E pudemos experimentar desde os sabores amargo e picante do grué e da bebida tradicional dos astecas até ao sabor doce do chocolate branco e de leite.

Depois, cada um passeou livremente pela parte histórica de Viana, que tem como centro a bela Praça da República, onde se encontram os Antigos Paços do Concelho. Deu tempo para fazer uma pequena pesquisa, caminhar e comprar gelados.

O último ponto da viagem foi o Santuário de Santa Luzia, desde onde há umas vistas espetaculares da foz do rio Lima e desde onde é possível admirar toda a cidade. Que dia tão agradável!

 

FOTOS DA VIAGEM

ÉXITOS DEPORTIVOS DE ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO

Alicia Chamorro e Javier Picos, de 3º de ESO, acaban de recoller sendos recoñecementos aos seus esforzos nos deportes que practican:

 

       CAMPIONA DE EUROPA DE MUAY THAI         DE MENOS DE 16 ANOS E 50 kg DE PESO CAMPIÓN GALEGO DE 600 m, MARCA RÉCORD GALEGO

As súas seguintes citas serán no mundial de May Thai e o campionato de España de atletismo que se disputará o 25-26 de marzo en Expourense. Moita Sorte!!!

O Rego de Trabe nos cuartos de final da Copa Colexial

Tras gañar na precopa ao Obradoiro, o noso equipo de baloncesto masculino xogará os cuartos de final da Copa Colexial contra o Liceo!
Será o vindeiro mércores, 15 de marzo, ás 19 horas no pavillón do CEIP Sofía Casanova. 
Desexámosvos moita sorte!

 

VISITA A CIFP Universidade Laboral

O pasado 3 de marzo, o alumnado de 4ESO de Ciencias aplicadas do noso centro achegouse ao CIFP Universidade Laboral para coñecer as súas instalacións e talleres, así como para recibir información dos ciclos formativos que alí imparten. A súa orientadora e o profesorado das familias de Enerxía e Auga, Instalación e mantemento, Marítima-pesqueira ou de Actividades físicas e deportivas, amosáronnos en que consisten os seus ciclos e para que capacitan profesionalmente

ASISTENCIA DE ALUMNAS DO CENTRO AO OBRADOIRO MOTIVACIONAL SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Onte, 1 de marzo, algunhas alumnas do IES Rego de TRabe e do IES Eduardo Blanco Amor asistiron a un obradoiro motivacional sobre novas tecnoloxías organizado pola Asociación Nacional Presencia Gitana  xunto co Concello para animar ás mulleres, en especial ás da comunidade xitana, a continuar formándose para ter maiores oportunidades e reducir a discriminación e a fenda de xénero dixital. Tivemos a grande sorte de poder conversar e escoitar a vivencia persoal de Gisela, unha moza xitana que estuda na Universidade da Coruña. 

 

 

TEATRO CLÁSICO

Os alumnos de primeiro de bacharelato acudiron hoxe o teatro para ver a obra "MEDEA"

Admisión e matrícula 2023-2024

 

En consonancia coa ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, todo o alumnado procedente de 6º de Educación Primaria dos centros adscritos (CEIP Vila de Rutis, CEIP Sofía Casanova e CEIP Isaac Díaz Pardo) foi admitido para cursar 1º de ESO no IES Rego de Trabe.

Nas seguintes ligazóns poden acceder ás ordes que regulan o proceso de admisión de alumnado para o ano académico 2023-24. No punto 9 está o impreso que deben entregar cuberto e asinado dentro do prazo establecido segundo o calendario do punto 3. De querer levar unha copia do mesmo, terana que traer. No centro non se farán copias a tal efecto.

1. Normativa reguladora

2. Oferta de postos escolares

3. Calendario admisión e instrucións

5. Áreas de influencia e centros adscritos

6. Servizos complementarios

7. Criterios xerais de baremación

8. Anuncio do sorteo anual de letras de prioridade para resolver empates

9. Solicitude de admisión 

10. PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN (PENDENTE)

Nas instalacións do edificio principal do centro

 12. LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022-2023 (PENDENTE)

Nas instalacións do edificio principal do centro

 

NOTA: Contra estas listaxes cabe interpoñer recurso de alzada

VÍDEO DE ARANTZA PORTABALES

Tras a lectura do libro de Arantza Portabales, Beleza Vermella, o alumnado da ESA fixo chegar á autora por medio do seu profesor unha serie de preguntas para completar a experiencia. Arantza enviounos un vídeo no que se apoia nas impresións que recibiu para afondar nas ideas que pretendía transmitir. 

Distribuir contido


by Dr. Radut