Skip to Content

Concurso de deseño de bolsas de tea

Coa finalidade de incentivar a creatividade e de difundir mensaxes que poñan en valor o galego, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) convócase este certame de deseño de bolsas de tea (tote bag).

 

Para participar debes pensar no deseño e frase/lema/verso en galego, recoller a túa bolsa de tea en branco durante un recreo na zona da biblioteca, deseñala coas técnicas que ti queiras (rotuladores téxtiles ou permanentes, estampación, bordado, cosido…) e entregala ao concurso (e despois lucila canto máis mellor!).

 

 

Consulta os premios e as bases completas no documento anexo.

O IES Rego de Trabe Campión Galego de Carreiras de Orientación a Pé!!!

No día de hoxe, sábado 6 de maio, 5 orientadoras e 5 orientadores do IES Rego de Trabe participaron no IES Universidade Laboral de Ourense no Campionato Autonómico de Carreiras de Orientación a Pé.

Tras realizar unha magnífica competición, o equipo masculino proclamouse Campión Galego!!!

As rapazas, aínda que non acadaron podium,  acadaron bos resultados individuais.

Agradecemos a colaboración económica do Concello de Culleredo no desprazamento dos participantes. Tamén agradecemos a Autocares Raposo o bo trato e amabilidade.

Parabéns a todos/as!!!

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

O alumnado do club de ciencia compartirá o traballo que leva realizado ao longo do curso con todos quen vaian visitar o posto do IES Rego de Trabe no parque de Santa Margarida, o Día da Ciencia na Rúa: sábado 6 de maio de 11.00 a 19.00 horas.

Vén facer ciencia con nós!

Visita do IES Rego de Trabe a ASPACE

O alumnado que participa do programa Talentos Inclusivos, xunto coa súa profesora de Tecnoloxía e a xefa de estudos, visitou na mañá do mércores 26 de abril aos usuarios de ASPACE cos que colabora a través deste programa. Nesta xuntanza amosaron algúns dos prototipos dos seus retos: o soplador de velas, o xeolocalizador de prazas de aparcamento para persoas con discapacidade e o comunicador portátil para levar na cadeira de rodas. O obxectivo do programa é facérllela vida un pouco máis doada a estas persoas, mediante o deseño e construción de obxectos tecnolóxicos que respondan a necesidades cotiás.

 

Podedes acceder ao álbum de fotos.

Taller de minerais

Este luns 24 de abril, o xeólogo Francisco Canosa impartiu un taller de minerais no noso centro para o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4ESO e 1Bacharelato. Esta actividade complementa a visita realizada hai uns meses ao Pico Sacro, preto de Santiago, e ás instalacións da mina de seixo de Serrabal, empresa que conta con este xeólogo para actividades de divulgación. 
O obradoiro consistiu en coñecer os distintos minerais segundo as súas propiedades físicas: cor, raia, brillo, dureza, hábito... pero o que máis chamou a atención aos participantes foi o comportamento dalgúns fronte a luz: os que cambian de cor segundo o tipo de luz que incide sobre eles, ou aqueles que teñen preciosas cores se se excitan os seus electróns con luz ultravioleta, en función da súa composición química, estrutura interna ou impurezas de ferro, cinc... ou outros compoñentes que conteñan.
Estaba actividade estaba enmarcada dentro do Plan Proxecta "Paisaxe e sostibilidade" da Consellería de Educación no que participa o IES Rego de Trabe durante este curso.

VI Concurso Cantamos con las Manos

Alumnado de música de 4º de ESO, coordinados pola súa profesora de música e coa colaboración da orientadora e do noso coidador Julio participaron da sexta edición do concurso Cantamos con las manos, organizado pola Federación de Asociación de persoas xordas de Galicia.

Aquí tedes o vídeo, e podedes pinchar aquí para ver o resto dos vídeos presentados e realizar a vosa votación. 

 

 

 

Grazas por compartir con todos esta enriquecedora experiencia que axuda a que nos sensibilicemos coas persoas que non poden escoitar a música.

 

Visita ao centro de día de Culleredo

 

O mércores, 19 de abril,  o alumnado de 1º ESO E visitou o Centro de Día de Culleredo como terceira sesión do Proxecto Encontros Xeracionales, Alí entrevistaron aos maiores e sacáronlles fotos co lema "Caricias e miradas". Ademais, intercambiaron historias das súas vidas, o que fixo que fora unha experiencia moi enriquecedora  tanto para as persoas usuarias como para o alumnado. Sen ninguna dúbida unha gran vivenza para todos os que participamos

MÁIS FOTOS AQUI

Semifinal copa colegial de Balocesto

O Equipo do IES Rego de Trabe enfrentase este venres 21 as 18:00  ao Compañia de Maria nas semifinails da copa colegial de Baloncesto. Moita sorte!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut