Skip to Content

I Campionato de Orientación IES Rego de Trabe

O día 20 de xuño celebramos no recinto de Acea de Ama o I Campionato de Orientación IES Rego de Trabe, unha xornada fantástica de promoción do deporte de Orientación a pé.

                   

Foi  organizado polo departamento de educación física do noso centro e o club de Orientación de Culleredo Gallaecia Raid, ao que lle agradecemos a súa colaboración. 

 

Claudia Oreiro, a presidenta do club, vicepresidenta ademais da federación galega de orientación, xunto con Marcos e Alba, corredores do equipo, organizaron a proba, colaborando con profesorado do IES Rego de Trabe, ao que tamén lle agradecemos a súa cooperación.

 

 

Participaron 190 alumnos/as de 1º e 2º ESO, distribuidos en 45 equipos. Durante toda a mañá desfrutaron practicando este deporte tan completo, dando mostras de espírito de superación e traballo en equipo. Esta participación serviulles como iniciación na orientación e podería ser o comezo dun camiño de éxitos deportivos que ben poderían rematar na participación en futuros Campionatos Escolares, seguindo a senda dos nosos equipos cadetes feminino e masculino, participantes no Galego 2023 e Campións Galegos en categoría masculina.

 

Repartimos premios e diplomas para os tres primeiros equipos de 1ºESO e os tres primeiros de 2º ESO nas categorías Iniciación Curto e Iniciación Longo.

 

Parabéns a todo o alumnado!!!

 

Neste enlace podedes acceder a un álbum de fotos.

O club de rugby CRAT Universidade de A Coruña visita o IES Rego de Trabe.

Dentro das actividades do plan de vida activa e deportiva, o noso alumnado de 3º e 4º ESO recibiu unhas sesións de perfeccionamiento de rugby. Foron impartidas por xogadoras do equipo senior femenino de división de honor e polo director deportivo do club CRAT Universidade de A Coruña.

Agradecemos a súa colaboración!

 

MAIS FOTOS

PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA ESA MÒDULO IV

LUNS, 19 XUÑO MARTES,20 XUÑO MÉRCORES 21 XUÑO

 

   

Ámbito Social

11:30 - 13:10

Ámbito de Comunicación

9:20 - 11:00

Ámbito Cientifico

10:10 - 12:20

 

Inglés

12:20 - 13:10

 

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

O profesorado titor entregará os boletíns de notas, os documentos de consello orientador (de ser o caso)  e o impreso de elección de materias da matrícula do seu grupo de alumnado nas seguintes datas:

  • ALUMNADO DA ESO: 27 de xuño ás 12.00 horas, na aula de referencia do grupo.
  • ALUMNADO DE 1º DE BAC: 23 de xuño ás 10.30 horas,  na aula de referencia do grupo. 
  • ALUMNADO DE 2º DE BAC (CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA): 23 de xuño, hora a convir polos titores. Na aula de referencia do grupo.

O resto dos documentos necesarios para a formalización de matrícula deben recollelos o mesmo día na conserxería. 

De non poder vir nos días e horas establecidos, deberán recoller toda a documentación na administración do centro antes do día que lles toque formalizar a matrícula. 

Poden consultar o prazo e indicacións para formalizar a matrícula do 2023-24.

 

CURSO DE ACREDITACIÓN DIXITA PARA PERSOAS ADULTAS

No mes de xullo  impartiranse dous  cursos de alfabetización dixital orientados a persoas adultas que non estean integrados no sistema educativo. 

Celebrarase de luns a venres na aula de informática do centro, por docentes do IES Rego de Trabe, en dúas quendas: 

  • de 9.00 a 11.00 horas
  • de 11.30 a 13.30 horas,  

É de carácter gratuíto, por estar financiado polo Fondo Social Europeo (FSE)

INSCRICIÓNS: cubrir este formulario antes do 30 de setembro

Para maior información dirixirse ao IES Rego de Trabe, de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, ou os luns de 16.30 a 17.45 horas, ou chamar tamén nese horario ao 881 960 801.

DEVOLUCIÓN DOS EQUIPOS E-DIXGAL DO ALUMNADO

Nos vindeiros días procederase á devolución dos equipos E-Dixgal,  ordenadores e maletín, segundo o calendario:

Luns 19 de xuño:

- 09:20h: 1ºESO D
- 10:10h: 1ºESO E
- 11:30h: 2ºESO B

- 16:20h: 2ºESO A
- 17:10h: 1ºESO A + 1ºESO B

Martes 20 de xuño:

- 10:10h: 2ºESO D
- 11:30h: 1ºESO C
- 12:20h: 2ºESO E
- 13:10h: 2ºESO C

 

2º PMAR: a finais desta semana.

 

O alumnado que o precise para estudar eses últimos días poderá devolvelo o día 21 de xuño. Deberá, porén, indicar este feito á persoa responsable da recollida.

 

Atte, a coordinadora de EDixgal

TEORÍA DA RELATIVIDADE, UNHA CURTAMETRAXE DO ALUMNADO DE 4º DA ESO

O alumnado de 4º D traballou durante varias semanas nun proxecto audiovisual dentro do programa "Culleredo, de cine", impulsado polo Concello de Culleredo. Neste proxecto tiveron unha formación previa sobre a linguaxe audiovisual, planos, técnicas de gravación... e, a partir de aí, comezaron a elaborar a súa propia curtametraxe: idea, elaboración do guión, gravación etc. Aquí está o resultado:

 

ESA: EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS MODALIDADE PRESENCIAL

 

Aberto o prazo de matrícula para a ESA

 curso 23-24

Debera de presentarse a seguinte Documentación:

  1.  Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  2. Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro. Modelo
  3. Solicitude de Matrícula. Modelo
  4. 3 fotografias, en papel fotográfico, co nome completo no reverso.
  5. Copia do D.N.I. (Se non se presentou antes)
  6. Xustificante do pagamento do seguro escolar.

             Deberán aboar 1,12 € na conta do banco Santander:

                           ES42 0049 2970 8122 1401 9011

             Estarán exentos do pagamento os casos seguintes:

  • Que sexa maior de 28 anos (Se os cumpren durante este ano académico, deberán pagar o seguro escolar)
  • Que teña contrato laboral (mentres dure a situación de contratado)
  • Que perciba o subsidio por desemprego
  • Que estea dado de alta nun réxime da Seguridade Social, como titular

        O alumnado que se encontre nalgunha destas situacións non terá dereito á prestación do seguro escolar, xa que son incompatibles os dous seguros.

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA AS PERSOAS ADULTAS

O IES Rego de Trabe pertence á rede de centros de acreditación dixital. O primeiro obxectivo é abrir os centros educativos á poboación adulta que non estea recibindo formación no sistema educativo galego. Para ela está dirixido un curso de formación de 30 horas de duración (26 presenciais e 4 de traballo individual), á que se lle ofrece unha competencia dixital básica.

O curso é subvencionado polo Fondo Social Europeo, polo que é gratuíto. Ao remate conseguirase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderá acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

Desenvolverase na aula de informática do IES Rego de Trabe, onde contaremos con un ordenador por persoa. A formación recibida será válida para manexarse con internet con outros dispositivos electrónicos, coma os móbiles. 
 
Cada curso atenderá a un mínimo de 12 e un máximo de 20 persoas. 
 
Haberá, polo de agora, dúas quendas, ambas de luns a venres, do 10 ao 28 de xullo:
  • de 9.00 a 11.00 horas
  • de 11.30 a 13.30 horas

Os días 24 e 25 de xullo non haberá clase por festividade local e autonímica, respectivamente.

 
A inscrición  realizarase preferentemente mediante este formulario. Tamén se pode facer de forma presencial na conserxería do IES Rego de Trabe, de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas ou os luns de 16.30 a 17.45 horas. 
 
Prazo para realizar a inscrición: ata o 5 de xullo.
 
A presentación dos cursos terá lugar o día do comezo do curso (10 de xullo), á hora da quenda elixida. 
 
 
 
 
 
 
 

CADERNO DE LUZ

O alumnado de 1ºESO-E estivo elaborando un caderno de luz desde comezo de curso. Cada mércores ás 10:30h foron captando nunha imaxe as variacións cromáticas nas árbores do noso patio e os efectos lumínicos cos que nos deleita o sol en cada estación. Este é o resultado:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut