Skip to Content

OFERTA EDUCATIVA DA UNED

A UNED: outra opción de estudo universitario nunha universidade pública e sen nota de corte para acceder.

Información xeral

Estudos oficiais

FONDOLIBROS: AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

INSTRUCIÓNS.

 

Destinatarios: Alumnado matriculado en ESO

Prazo para solicitude das axudas:

  • con carácter xeral, ata o 21 de xuño.
  • Alumnado que repita 4º de ESO: un mes dende a data de matrícula.
  • Alumnado que pedira praza en FPB e decidira regresar ao centro: un mes dende a data de matrícula.

Fomas de presetnación: 

  • Presencial, no centro onde estea cursando estudos no 2023/24.
  • Telemática, por medio da sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo ao procedemento ED3308, que enlazará coa aplicación Fondolibros. 

Alumnado con necesidades específcas de apoio educativo: cando, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e para o que non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir os libros ou o material didáctco e complementario específco que o centro docente determine en cada caso.

PRAZO PARA DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO EMPRESTADOS DURANTE O 2023/24: ENTRE O 25 E O 28 DE XUÑO.

PARA  ACCEDER A ESTA AXUDA  É PRECISO DEVOLVER EN PERFECTO ESTADO OS LIBROS QUE SE TIVERAN DISFRUTADO DURANTE O ANO ACADÉMICO 2023/24

 

 

 

 

INFORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL E MATRÍCULA DA ABAU

 

SOLICITUDE DO TÍTULO DE BACHAREL:

 

                Pasos a dar:

    • Premer en OV tributaria
    • Cidadáns
    • Pago de taxas e prezos
    • Iniciar taxa
    • Premer en candado aberto, primeira opción
    • É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial
    • Pago online. Iniciar taxa (Rematado o proceso terá que descargar o modelo 730)
    • Pago presencial en banco. Descargar modelo (A!)

 

  • Documentación a entregar: Fotocopia do DNI

 

MATRÍCULA DA ABAU: 

  Acceso ao sitio web da CIUGA

Documentación a entregar na Administración do instituto:

  • Fotocopia do DNI
  • Impreso de solicitude do título de Bacharel
  • Comprobante do pago das taxas do título de Bacharel
  • Matrícula da ABAU
  • Pago das taxas da matrícula da ABAU
  • Xustificante de dereito a pago reducido, de ser o caso (familias numerosas, vítimas de violencia de xénero, persoal das universidades, persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, vítimas de terrorismo)

CONVOCATORIA ORDINARIA: entre o 16 e o 20 de maio, de 9.30 h a 13.30 h.

HORARIO DAS PROBAS

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: entre o 13 e 17 de xuño, de 9.30 h a 13.30 h.

Nota: non darse de alta en NERTA antes de entregar a documentación.

 

INSTRUCIÓNS EXAMES (pendente de publicarse)

COPA COLEXIAL FEMININA: PASO Á FASE NACIONAL

O martes 30 de abril xogouse na Polideportiva de Riazor a final feminina da Copa Colexial Coruña entre o IES Rego de Trabe, que chegaba por primeira vez a una final despois de catro años tentándoo e o Colexio Maristas, gañador das catro últimas edicións.

O encontro quedou marcado por un parcial inicial de 12-0 para Maristas, que empezou máis seguro. En canto o Rego foi capaz de anotar, o partido equilibrouse e voltouse máis igualado, ata chegar ata só 5 puntos de diferenza.

Despois doutro arreón de Maristas ao comezo do terceiro cuarto volveuse a elevar a diferenza, ata que outra reacción do Rego levouno a achegarse no marcador, Non foi posible culminar a remontada, quedando o 39-49 coma resultado definitivo. Isto fixo que o Rego fose un dos mellores segundos clasificados das 9 fases.

Salientar que o equipo do IES Rego de Trabe estaba formado, na súa gran maioría, por rapazas de menor idade que as rivais, incluso algunha con cinco anos menos.

Para a entrega de premios tivemos nada máis e nada menos que ao entrenador e xogadores do equipo de LEB Oro do Basquet Coruña.

Ao ser un dos tres mellores segundos das nove sedes nacionais da competición, o equipo acadou a clasificación para a Fase Nacional a celebrar en Pozuelo de Alarcón (Madrid) os días 17, 18 e 19 de maio.

Agradecemos ao Concello de Culleredo a súa colaboración e particularmente a Gestagua, que serán os nosos patrocinadores, asumindo tanto o coste das inscricións como do transporte, o que nos brinda a oportunidade única de vivir unha experiencia coma esta.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2024-2025

O prazo: 30 de abril do 2024 ao 13 de setembro do 2024
Enlace ao sitio web: enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut