Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

REBELDES BOTÁNIC@S

Velaquí o resultado deste mes de rebeldía botánica no Ies Rego de Trabe.

Moitas grazas a todas e todos polo voso gran traballo!

 

O MAIO DAS LETRAS: BOTÁNIC@S REBELDES

BOTÁNICOS REBELDES

Dende o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía queremos colaborar na celebración do Día das Letras Galegas co departamento de  Lingua Galega dun xeito moi especial: converténdonos  a todos en Botánicos Rebeldes. Como? Amosándolle á nosa veciñanza como se lles chama a esas plantiñas que medran por tódalas partes, entre os muros, nas beirarrúas, na calzada… o seu nome en galego e o seu nome científico, escribindo con xiz eses nomes na beira daquelas que sexamos quen de identificar.

Imaxe de exemplo

 

Colaborando crearemos unha presentación coas fotografías, que logo mostraremos a todos na web do noso instituto.

Tedes adxunto o arquivo coas instrucións para realizar a actividade.

Animádevos todos a participar!!!

TALLER DE BIOTECNOLOXÍA NA DOMUS

O pasado 10 de Marzo o alumnado de 4º ESO que cursa a materia de bioloxía e Xeoloxía participou no taller A REVOLUCIÓN BIOTECNOLÓXICA no laboratorio da DOMUS, onde tiveron a oportunidade de traballar como biotecnológos

 

ANATOMÍA NA DOMUS

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou para o seu alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato (materia de Anatomía Aplicada) unha visita á Domus para levar a cabo  nos seu laboratorios a disección de un corazón. Ademais puideron disfrutar das instalacións do museo.

ACTIVIDADE DO DPTO DE BIOLOXÍA: INTERMAREAL

Preparando a visita, que terá lugar o 14 de novembro

SUSPENDIDO O ROTEIRO POLA COSTA DEXO-SERANTES

Debido ás condicións metereolóxicas adversas prevista para mañá martes 05 de novembro, a actividade prevista para o alumnado de BIOLOXÍA de 4º ESO e 1º BAC, queda aprazada para o vindeiro martes 19 de novembro.

Visita ao Laboratorio da Domus

O alumnado de 1º de Bacharelato, 3º da ESO e 4º de ESO participaron no Taller de Laboratorio Aberto na Domus o venres 8 de Febreiro.

Desenvolveron técnicas de investigación en novos fármacos para o tratamento do Parkinson.

Gracias á Domus por darnos a oportunidade de converternos en autenticos científicos.

 

TÁBOA PERIÓDICA DE MULLERES NA CIENCIA

Aquí temos un modelo de táboa para ver as cores de cada elemento e táboa das científicas de mujeresconciencia.com

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut