Skip to Content

Actividades complementarias

Taller de microrrelatos

O alumnado de 4º da ESO participou o día 9 de maio nun taller de microrrelatos na biblioteca do noso centro, para o cal se acercaron ao instituto os autores Mª José Viz e Jesús Garabato. Propuxeron diferentes xogos e estratexias para a creación de textos. Tamén nos deleitaron coa lectura de textos propios e alleos.

Podes ver fotos aquí.

O centro comeza a aplicar o programa TEI (Titoría entre iguais)

Dende o curso 2017/18 estamos a poñer en práctica no noso centro o TEI (Titoría entre iguais) , un Prográma de prevención do acoso escolar, do que é autor Andrés González Bellido, mestre, orientador educativo, licenciado en Psicoloxía -especialidade clínica e educativa- e catedrático en orientación educativae, afincado en Barcelona.

Poden consultar información sobre o programa no seguinte enlace 

O logotipo identificativo do TEI figura na columna da dereita da nosa páxina web, porque desde agora o IES Rego de Trabe é un centro TEI.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar activamente nesta iniciativa!

Nadal de cine

21/12/2017 09:20
21/12/2017 13:20

Saída ao cine para ver al última entrega da Guerra das galaxias.

Grupos paricipantes: 2º, 3ºe 4º.

 

 

Asistencia a representación de "Martes de Carnaval" de Valle Inclán no teatro Colón

29/11/2017 10:10
29/11/2017 12:30

Para o alumnado de 4º. 

Horario previsto: de 10.10 a 12.30

Camiño de Santiago 2017

Durante ss ías 28 e 29 de setembro 92 alumnos de 1º ESO acompañados de seis profesores fixeron dúas etapas do camiño de Santiago: de Arzúa a Pedrouzo e desde ahí ata Santiago.

 

O enlace onde se poden ver as fotos é o seguinte: 

https://www.dropbox.com/sh/t5l63cijvs05xip/AAB39N-LJ_4qNRnE1PsYgjnNa?dl=0

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Mannequin challenge con alumnado do RDT, como manifesto en contra da violencia de xénero. Actividade organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello de Culleredo

 

 

 

I MARCHA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O IES Rego de Trabe organiza o día 25 de novembro a I Marcha en bicicleta, patinete, patíns ou andando en conmemoración do "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres". O itinerario comeza ás 12:10  na fachada do instituto, onde se lerán uns textos.

Desde ahí cruzarase ata o carril bici da R/ Tierno Galván. Ao final deste, pola pasarela peatonal chegarán os que van andando ao Paseo Marítimo. Os que vaian en vehículos de rodas seguirán polo carril-bici ata a ponte de O Burgo.

Entrega de Diplomas ao alumnado de 4º ESO e 1º Bach participante na XII Olimpiada de Xeoloxía

Alumnado de 4º e de 1º Bacharelato participou na XII Olimpiada de Xeoloxía, celebrada na sede de A Coruña o  24 de febreiro de 2021. A iniciativa correu a cargo do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do centro.

Unha alumna de 4º conseguiu un accésit.

 O venres 16 de abril, a dirección do IES Rego de Trabe xunto co profesorado de Bioloxía e Xeoloxía entregou uns diplomas recoñecendo a participación do alumnado e felicitando polos resultados.

 

Álbum de fotos 2019-2020

              

                  

                        

                          

                         

                       

Distribuir contido


by Dr. Radut