Skip to Content

AAEECC

Contén a información sobre as AAEECC do noso centro.

Andaina a Santa Cristina do alumnado de 1º ESO

O derradeiro día do curso, o noso alumnado de 1º ESO realizou unha andaina polo Paseo da Ría do Burgo ata a praia de Santa Cristina. Alí participou en actividades deportivas e medioambientais. 
 
Pasámolo moi ben e rematamos este curso desfrutando ao ar libre e estreitando lazos!!! 
 
Felices vacacións!!!
 
Podedes ver máis fotos aquí

CHARLA DE ISABEL BLANCO

Foi un pracer contar coa presenza no noso centro da actriz Isabel Blanco Picallo para falarlles ao noso alumnado de 3º da ESO. Foi unha charla moi emocionante e enriquecedora. Reiterámoslle unha vez máis o noso agradecemento.

MAIS FOTOS

CARREIRA SOLIDARIA "Polo dereito a ser nena"

O alumnado de 1* ESO participou na carrera solidaria "Polo Dereito a ser nena"  en colaboración coa ONG Save the Children, no parque de Acea de Ama. Recadaron 218'80€ que irán dirixidos ás nenas do Corno de África. 

Moitas grazas a todo o alumnado participantes e ás familias que colaboraron. Sen vós, isto non sería posible!

MÁIS FOTOS AQUI

 

IV Feira da Ciencia de Culleredo

O IES Rego de Trabe, a partir do seu club de Ciencia, participará o sábado 18 na CULLERCIENCIA, feira da ciencia organizada polo CEIP Ría do Burgo.

 

Ao longo da xornada terán lugar diferentes charlas, aparte das actividades que leve cada centro participante. 

 

Grazas ao Ría do Burgo por ternos invitado!

 

 

DIA DA CIENCIA NA RUA 2022

O pasado sabado 7 de Maio, Os alumn@s do club de ciencias do IES Rego de Trabe participaron no DIA DA CIENCIA NA RUA 2022.

Na carpa numero 34 os Alumnos e alumnas do club de ciencias presentaron experiencias científicas como a obtención do ADN dos amorodos, a reciclaxe e reutilización do poliespan,  a búsquea de fósiles como se foramos auténticos paleontólogos, como saber canto azucre ten un refresco e mais un xogo tipo “escape room” inspirado nas matemáticas.

                         

NOTICIA NA TVG  AQUI

MAIS FOTOS AQUI

DIA DA EDUCACION FISICA

O Día 27 de abril nosos alumnos de 3ª da ESO celebraron o dia da educación física en colabaroación cos profesores e alumnos do CIFP Universidade Laboral dos módulos de "Técnico Superior en animación e actividades físicas e deportivas", "Técnico Deportivo· e " Tecnico Deportivo superior en Fútbol". Ali tiveron ocasion de practicar escalada, fútbol, baloncesto,bádminton, tenis de mesa, Lacrosse, así como realizar un circuito de habilidade en bicicleta.

                                      

Mais imaxes AQUI

AXUDA PARA UCRAÍNA

Hoxe levouse a cabo o envío para a ONG AGA UCRAÍNA das axudas aportadas polas familias dos alumnos do IES Rego de Trabe.

Grazas a tod@s pola colaboración!!!!!!

O noso Equipo de Baloncesto Masculino venceu o día 30 na Segunda Xornada da Copa Colexial

 

 

Tras un mal arranque (el primer cuarto acabó con 19-6 en contra), el equipo se rehízo con una defensa presionante en toda la cancha y llegó al descanso con 23-20 en contra. En la segunda parte mantuvo el ritmo, especialmente con un magnífico último cuarto con un parcial de 21-5 para sellar una victoria por 59-42. El equipo se garantiza quedar entre los 3 primeros y queda pendiente de rival para jugarse el pase a la final.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut