Skip to Content

Educación física

Campionato provincial de carreiras de orientación

O día 24 de abril 28 corredoras/es participaron no Campionato Provincial de Carreiras de Orientación a Pé.

A proba celebrouse no Campamento Xuvenil Virxe de Loreto en Porto do Son.

Pasárono moi ben e esforzáronse moito!

Manuela Blanco Casas quedou campiona provincial e Iria Fraga Villares acadou o terceiro posto en categoría cadete feminina!!!

María Camba Vázquez (5º posto), Carla Navares Sar (6ª) e Sabela Rubín González (7ª) tamén fixeron un gran campionato!

Gael Fernández Novoa acadou o 4º posto!

Parabéns a todas/os as/os participantes!!

FOTOS

Campionato de Orientación IES Rego de Trabe

O pasado 11 de marzo todo o alumnado de terceiro e cuarto de ESO participou no II Campionato de Orientación IES Rego de Trabe organizado polo Club Gallaecia Raid de Culleredo e o Departamento de EF do IES Rego de Trabe. 
 
Foi unha mañá na que nos acercamos á práctica dun deporte apaixoante que se desenvolve no entorno natural e no que é necesario pensar e correr, pois os puntos que se percorren están sinalados nun mapa e hai que seguilos na orde marcada.
 
En nome da comunidade educativa do centro queremos agradecer á entidade organizadora da proba, o club Gallaecia Raid e especialmente á súa vicepresidenta, Claudia Oreiro Chapela, a calidade e profesionalidade do evento e á oportunidade brindada ao noso alumnado de participar nesta actividade.
 
Tamén ao Concello de Culleredo por facilitar a presenza de persoal de protección civil durante a carreira.
 
Para rematar felicitar ao noso alumnado pola súa participación e parabéns especiais pola clasificación para o Campionato Provincial de Orientación do día 24 de abril de Porto do Son, no que acudiremos con 28 corredoras/es!!!
 
No seguinte enlace deixámosvos fotos do evento:  FOTOS

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR CAMPO A TRAVÉS

 

Este venres, 12 de abril celebrouse o CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR de Campo a través para centros educativos más instalacións do Albergue Xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son.

Participamos con 4 equipos.

Na categoría Infantil feminino, o equipo formado por María Vázquez, Amaia Sanjurjo, Inés Miguel, Lía Blanco e Enma Ramos, acadou o 6° posto.

 

En Infantil Masculino, Martín Pino, Darío Vázquez, Gael Domínguez, Rubén Ares e Rubén Leiro foron sétimos.

 

As Cadetes femininas, con Noa Martínez, África Ríos, Lara Martínez, Elena Teijo, Marina Casáis e Elina Velaj rozaron a medalla, quedando en cuarta posición.

 

Por último, os Cadetes Masculinos, con Javier Neira, Alejandro Espiñeira, Anderson González, Marcos García e Iker Hernández obtiveron un 5°posto.

 

Parabéns a todos os participantes!!!                       FOTOS

COPA COLEXIAL. CLASIFICADAS PARA A GRAN FINAL

 

Á terceira foi a vencida. Tras dúas presenzas en semifinais nas dúas últimas partticipacións, o noso equipo femenino acadou a clasificación para a final da sede de A Coruña deste prestixioso trofeo tras vencer a Esclavas por 22-21 (hai que ter en conta que os partidos teñen unha duración menor que a dos partidos federados).

Victoria merecida, pero con sufrimento. Foi un partido marcado por unha alta intensidade defensiva de ambos equipos, o que redundou en posesións longas e tanteos curtos. As nosas foron por díante durante todo o encontro, agás unha ventaxa dun punto no primeiro cuarto.

Ata o descanso as diferenzas foron curtas, pero ao final do terceiro cuarto e ao principio do último, foise ata os oito puntos tras anotar Suevia de de tiros libres e Unha tripla de Jasmina.

Sen embargo, un arreón final de Esclavas nos dous últimos minutos puxo o marcador nun puño, 22-21 a falta de 18 segundos. O equipo foi capaz de aguantar a posesión, incluso recibindo dúas faltas personais.

Felicidades a Inés Miguel, Carla Martínez, Esther Racca, Alicia Docampo, Suevia Casal, Paula Pose, Alba Vázquez, Lucía Zas, Daniela Becerra e Jasmina Couto

A final será o martes 30 de abril na Polideportiva de Riazor, contra o vencedor do Maristas-Compañía de María.

Agardamos que veñades a animar.

CROSS EN ACEA DE AMA

O pasado día 7 de Febreiro tivo lugar en Acea de Ama as competicions de cross nas categorias de alevín e cadete, nas que partipáron @s nos@s alumn@s. Parabens a tod@s. 

Podedes ver as fotos da actividade na seguinte ligazon FOTOS

                      

BALONCESTO. COPA COLEXIAL 2024.

 

O martes, 6 de febreiro, arrancou unha nova participación dos equipos do noso centro na Copa Colexial, competición de baloncesto para centros educativos con gran prestixio e 24 edicións xa.

 

Participan 12 centros na categoría masculina e 6 na feminina. O sorteo determinou que os dous equipos arrancasen como locais, e grazas á mediación do Concello fixérono no pavillón do CEIP Sofía Casanova. Houbo cara e cruz.

 

Na categoría feminina, cómoda vitoria contra o Liceo por 75-16. Xogaron Daniela Becerra, Lucía Zas, Suevia Casal, Paula Pose, Alba Vázquez, Alicia Docampo, Inés Miguel e Esther Racca. A diferenza no tanteo permitiu acadar unha das dúas prazas directas para semifinais, evitando a ronda de repesca.

 

Na categoría masculina tocou cruz. Tres importantes baixas por lesión e un equipo cun gran potencial físico fixeron imposible acadar un resultado positivo, encaixando unha derrota por 72-18. Xogaron Álvaro Roldán, Daniel Figueiral, Xabier Oxinalde, Buzu Golpe, Javier Mesa, Juan Miguel Guimaraes e Mauricio Rivero. O equipo terá unha nova posibilidade na segunda ronda de repesca.

FÚTBOL SÁ FEMININO, TROFEO CALASANZ

O mércores, 7 de febreiro, debutou o noso equipo de fútbol sala feminino no XLII Trofeo Calasanz de Fútbol Sá, no que participamos na categoría feminina, para rapazas nadas no 2010 e 2011. Xogarase unha liguiña entre os equipos participantes e os dous primeiros xogarán a final do torneo.

 

O arranque foi inmellorable, cunha vitoria por 19-0 e cun gran xogo. Participaron Elina Velaj, Noa Martínez, Mariana Flórez, Camila Ugueto, Carmen Varela, Amaia Sanjurjo, Leire Vicente e Alejandra Paz, non podendo acudir por lesión Ainoa Bermúdez.

 

Campionato de Galicia de Cros Escolar 2023/2024

 

O mércores, 7 de febreiro, celebrouse nas instalacións deportivas de Acea da Ama a Fase Zonal As Mariñas de Campo a Través, unha das cato que se celebran na provincia para centros educativos de toda a zona das Mariñas. Polo noso centro particiou alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, nados entre 2009 e 2011, ambos os dous inclusive.

 

A fase servía como clasificación para o Campionato Provincial, que se celebraá o 15 de marzo no Concello de Porto do Son. Clasificábanse os dous primeiros equipos por categoría (de ata 6 participantes cada ún) e os atletas que quedando entre os oito primeiros clasificados non pertenezan a un deses equipos.

 

Aínda que o importante era participar e celebrar unha xornada facendo deporte, cabe salientar que o noso alumnado o fixo de xeito moi brillante, clasificándose nas catro categorías nas que participaba.

 

Mención especial para o equipo Infantil Masculino, que acadou a primeira posición e para Mateo Suárez e Martín Pino, que acadaron a primeira e segunda posición entre os 155 participantes. A puntuación lograda por Rubén Ares (8ª) e Rubén Leiro (13ª) completou 24 puntos, con 13 de avantaxe sobre o segundo equipo clasificado.

 

Nas outras tres categorías, os nosos equipos acadaron a segunda posición. En Infantil Feminino coa puntuación de Inés Miguel, María Vázquez, Amaia Sanjurjo e Lía Blanco.

 

En Cadete Feminino puntuaron Lara Vázquez, Noa Martínez e África Ríos e en Cadete Masculino Javier Neira, quen tamén logrou a medalla de bronce, Alejandro Espiñeira e Álvaro Sánchez.

 

 

Noraboa a tod@s.

Álbum de fotos

I Campionato de Orientación IES Rego de Trabe

O día 20 de xuño celebramos no recinto de Acea de Ama o I Campionato de Orientación IES Rego de Trabe, unha xornada fantástica de promoción do deporte de Orientación a pé.

                   

Foi  organizado polo departamento de educación física do noso centro e o club de Orientación de Culleredo Gallaecia Raid, ao que lle agradecemos a súa colaboración. 

 

Claudia Oreiro, a presidenta do club, vicepresidenta ademais da federación galega de orientación, xunto con Marcos e Alba, corredores do equipo, organizaron a proba, colaborando con profesorado do IES Rego de Trabe, ao que tamén lle agradecemos a súa cooperación.

 

 

Participaron 190 alumnos/as de 1º e 2º ESO, distribuidos en 45 equipos. Durante toda a mañá desfrutaron practicando este deporte tan completo, dando mostras de espírito de superación e traballo en equipo. Esta participación serviulles como iniciación na orientación e podería ser o comezo dun camiño de éxitos deportivos que ben poderían rematar na participación en futuros Campionatos Escolares, seguindo a senda dos nosos equipos cadetes feminino e masculino, participantes no Galego 2023 e Campións Galegos en categoría masculina.

 

Repartimos premios e diplomas para os tres primeiros equipos de 1ºESO e os tres primeiros de 2º ESO nas categorías Iniciación Curto e Iniciación Longo.

 

Parabéns a todo o alumnado!!!

 

Neste enlace podedes acceder a un álbum de fotos.

O club de rugby CRAT Universidade de A Coruña visita o IES Rego de Trabe.

Dentro das actividades do plan de vida activa e deportiva, o noso alumnado de 3º e 4º ESO recibiu unhas sesións de perfeccionamiento de rugby. Foron impartidas por xogadoras do equipo senior femenino de división de honor e polo director deportivo do club CRAT Universidade de A Coruña.

Agradecemos a súa colaboración!

 

MAIS FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut