Skip to Content

Educación física

O IES Rego de Trabe Campión Galego de Carreiras de Orientación a Pé!!!

No día de hoxe, sábado 6 de maio, 5 orientadoras e 5 orientadores do IES Rego de Trabe participaron no IES Universidade Laboral de Ourense no Campionato Autonómico de Carreiras de Orientación a Pé.

Tras realizar unha magnífica competición, o equipo masculino proclamouse Campión Galego!!!

As rapazas, aínda que non acadaron podium,  acadaron bos resultados individuais.

Agradecemos a colaboración económica do Concello de Culleredo no desprazamento dos participantes. Tamén agradecemos a Autocares Raposo o bo trato e amabilidade.

Parabéns a todos/as!!!

Semifinal copa colegial de Balocesto

O Equipo do IES Rego de Trabe enfrentase este venres 21 as 18:00  ao Compañia de Maria nas semifinails da copa colegial de Baloncesto. Moita sorte!!!

Os nosos equipos de Carreiras de Orientación a Pé clasificados para o Campionato Galego!!!

O pasado 29 de marzo, tras terse clasificado na Fase Intercomarcal, 17 xogadoras e 10 xogadores competiron no Campionato Provincial de Carreiras de Orientación a Pé celebrado no Campamento Xuvenil de Virxe de Loreto en Porto do Son. 
A paisaxe da contorna e as condicións climatolóxicas foron as ideais para esta actividade e todos desfrutamos moito!
En canto aos resultados foron fantásticos!
Brais Vázquez acadou un quinto posto e clasificouse de xeito individual para o Campionato Galego. E tanto o equipo feminino como o equipo masculino acadaron un terceiro posto e se clasificaron para o Campionato Galego!

 

Parabéns a todos os participantes e moita sorte no Campionato Galego Escolar de Orientación a Pé que se celebrará en Ourense o vindeiro 6 de maio!

Ruta en BBT pola ría do Burgo e o río Mero

O luns día 27 pola mañá, 15 alumnos de Ciencias Aplicadas de 4º de ESO realizaron unha ruta de 25 km en bicicleta de montaña dende o IES ata o encoro de Cecebre, seguindo o fermoso paseo da ría do Burgo e do río Mero. A actividade foi organizada polos departamentos de EF do IES Rego de Trabe e do CIFP Universidade Laboral e levouse a cabo con bicicletas pertencentes ao Ciclo Medio de Guía no medio natural e de tempo libre, contando coa colaboración de profesorado e alumnado do devandito Ciclo Medio.
Agredecemos a súa colaboración!!!

Participación no Campionato Intercomarcal de Orientación

Dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, o alumnado clasificado de 3º ESO e 4º ESO na fase local, participou o martes 21 de marzo no Campionato Intercomarcal de Carreiras de Orientación a Pé. 
Nunha xornada na que destacaron o esforzo e o xogo limpo, competiron 38 xogadores e xogadoras as e clasificamos para o Campionato Provincial a 27 competidores e competidoras. 
O Campionato Provincial será o vindeiro mércores, día 29 de marzo, en Porto do Son. 
Cabe destacar que Manuela Blanco, Antía Mosquera, Sabela Rubín e Brais Vázquez acadaron medalla!
Parabéns polos resultados!!!
Desexámosvos moita sorte!!!

O Rego de Trabe nas semifinais da Copa Colegial!!

Tras vencer en cuartos de final ao Liceo 52-35, nun vibrante partido xogado no pavillón do Sofía Casanova, co apoio que agradecemos da nosa afección, o equipo acadou o pase á semifinal, que se xogará contra Compañía de María.
 
Moita sorte neste enfrontamento, no que se repetirá o partido da final do ano pasado!!!
 

ÉXITOS DEPORTIVOS DE ALUMNADO DO NOSO INSTITUTO

Alicia Chamorro e Javier Picos, de 3º de ESO, acaban de recoller sendos recoñecementos aos seus esforzos nos deportes que practican:

 

       CAMPIONA DE EUROPA DE MUAY THAI         DE MENOS DE 16 ANOS E 50 kg DE PESO CAMPIÓN GALEGO DE 600 m, MARCA RÉCORD GALEGO

As súas seguintes citas serán no mundial de May Thai e o campionato de España de atletismo que se disputará o 25-26 de marzo en Expourense. Moita Sorte!!!

O Rego de Trabe nos cuartos de final da Copa Colexial

Tras gañar na precopa ao Obradoiro, o noso equipo de baloncesto masculino xogará os cuartos de final da Copa Colexial contra o Liceo!
Será o vindeiro mércores, 15 de marzo, ás 19 horas no pavillón do CEIP Sofía Casanova. 
Desexámosvos moita sorte!

 

O noso equipo de baloncesto debuta na Copa Colegial

14 xogadores do RDT comezarán mañá, día 15 de febreiro, a súa andaina na Copa Colegial de baloncesto, un torneo no que levamos participando dende o 2018.

Desexámoslles moita sorte!!!

 

CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NO IES REGO DE TRABE

 

Dentro do Plan Proxecta SALVAVIDAS, desenvolvido polo departamento de Educación Física, contaremos cunha unidade móbil diante do edificio principal o vindeiro 23 de xaneiro.

 

Ademais de servir de punto de doazón de sangue aberto para toda a poboación, o alumnado de 2º de Bacharelato visitará as instalacións e recibirá información de primeira man.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut