Skip to Content

Educación física

Campo a través, fase provincial

Alumnado do RDT vén de participar na fase provincial de campo a través. O equipo cadete feminino quedou campión provincial. Parabéns!  María, Lucía, Yeshi, Nuria, Julia, Jatna e Sara.

(clic na imaxe para acceder á galería)

campo a través - Fase provincial

 

RESULTADOS:

Cadete feminino por equipos, CAMPIONAS!:

  • María Pose Fariña.
  • Yeshi Ferré Gómez.
  • Nuria Alborés Herrero. 
  • Sara Otero Riveiro.
  • Jatna Y. Asencio Lorenzo.
  • Lucía González Castro.
  • Julia Núñez Pereiro.

Infantil feminino Parabéns!:

  • Jasmina Couto Rodríguez: 7º posto.
  • Andrea Bermúdez García: 13º posto.

Parabéns tamén a Mateo Sobrino Bujía (infantil masculino) e Marcos Lema Tajes (cadete masculino) por ter chegado tan lonxe. 

XXXVIII Torneo Calasanz de Fúbol Sala

Este ano participamos por primeira vez no Torneo Calasanz de fútbol sala. É un dos máis antigos de Galicia, xa que este ano celébrase o XXXVIII edición, incluíndo por segunda vez a categoría femenina para as nacidas no 2003 en adiante.

O día 19 de Febreiro foi o primeiro partido do Torneo, entre o anfitrión, Calasanz, e O Rego de Trabe.

      

O resultado:

IES Rego de Trabe 8 - Calasanz 0

3 goles de Ainhoa Pérez, 2 de Laura Novás e Victoria Martíns, Míriam Pérez e Jasmina Couto marcaron un gol cada unha delas.

PARABÉNS!!!!

Campo a través, fase intercomarcal

Parabéns a todos os  participantes na carreira de campo a través na súa fase intercomarcal.

Todos conseguiron clasificarse para o provincial de Noia.

Parabéns!

Últimos acontecementos no RDT

Ao longo destas dúas últimas semanas o RDT tivo un gran número de actividades

  • O alumnado de 2º da ESO foi ao teatro para ver a obra "Prêt-a-pòrter".
  • O alumnado de 1º Bach afondou moito con Carlota Sánchez-Montaña Puga sobre educación financeira.
  • O alumnado de 1º de ESO probou o xeo na pista de patinaxe levando algunha que outra cuada.
  • Ademais, o alumnado de 3º da ESO participou no día da enxeñaría en Ferrol. 

No te perdas as imaxes. 

 Día da enxeñaría en Ferrol Pret a porter   
 Día da enxeñaría en Ferrol  Prêt-a-Pòrter teatro  
 Charla educación financeira 1ºBach  Patinaxe sobre xeo
 
 Charla educación financeira 1ºBach.  Patinaxe sobre xeo
 
 

Campo a través

Parabéns ao alumnado do noso centro que obtivo medalla na carreira de campo a través:

  • Cadete
    • Yeshi Ferre: ouro
    • María Pose: prata
    • Estela Barbado: bronce.
    • Marcos Lema: bronce
  • Infantil
    • Andrea Bermúdez: ouro 
    • Jasmina Couto: prata.

campo a través

 

Parabéns tamén ao alumnado que quedou entre os primeiros postos:

  • Infantil:
    • Mateo Sobrino: 7º posto.
  • Cadete:
    • Candela Carro: 5º posto.
    • Lucía González: 6º posto.
    • Sara Otero: 8º posto.
  • Cadete:
    • Luis Bereciartru: 4º posto.
    • David Soto: 9º posto.

Final de trimestre futbolero

No RDT rematamos o trimestre pasándoo pipa entre alumnado e profesorado.

Parabéns ás persoas gañadoras dos respectivos equipos aínda que como ben aprendemos onte coa película "Campeones", aquí gañamos todos. 

Parabéns tamén ao equipo de alumnado que nos meteu tremenda goleada ao profesorado. Queremos o desquite.

Final de trimestre futbolero

JUGGER NO REGO DE TRABE

Este venres día 15  Ruth Ces, Jorge Fernandez e Diego Acera, alumnos de 3ºA do IES Rego de Trabe, presentaron o deporte Jugger en clases de EF de 3ºA, 2ºC e 1ºB. 
Queremos darlles as grazas polas presentacións que fixeron e por traer todo o material necesario para a práctica. 
 
Foi moi divertido e pásamolo en grande xogando!!!
 
Estes alumnos  informan de que hai un correo electrónico ao que podedes escribir se estades interesados en practicalo: juggerculleredo@gmail.com
 
Na seguinte ligazón podedes acceder a algunhas fotos
A continuacion, dous vídeos:
 

RUGBY NO REGO DE TRABE

A derradeira semana de maio e a primeira de xuño, Mariana, Emma, Olalla, Elsa, Javi, Andrés, e Emi, xogadores do C.R.A.T. A Coruña, viñeron ao centro a impartir catro sesións de rugby nas clases de Educación Física de 2º, 3º e 4º.  Pasámolo en grande e descubrimos o apaixoante que pode resultar este deporte.
 
Dende aquí queremos agradecer á xunta directiva e ao corpo técnico do C-R.A.T. por promover esta actividade, "A semente do rugby no teu centro escolar", nos centros educativos e darnos a posibilidade de aprender con ela. 
 
E moi especialmente agradecer aos xogadores-profesores a súa adicación e entusiasmo!!!
 
Velaí a ligazón a fotos e vídeos da actividade.
 

CAMPIONATO GALEGO DE ORIENTACIÓN

Éxito rotundo dos alumnos do IES REGO DE TRABE no campionato galego de orientación, que se celebrou o pasado 21 de abril en Santiago de Compostela.
Alex Lamas Carnota, Víctor Ferrero Bouzón e Diego Fernández Balado conseguiron completar o recorrido dentro do tempo marcado pola organización.
Cabe subliñar que Alex Lamas Carnota entrou ademais entre os dez mellores do campionato galego, obtendo unha muy meritosa OITAVA praza.

Enhoraboa a todos polo traballo e o éxito obtido!!!

 

Fotografías facilitadas por Diego Fernández Balado

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN 2018

O pasado mércores 11 de abril levouse a cabo nas inmediacións do IES REGO DE TRABE, unha carreira de orientación na que participaron diferentes centros da comarca, e onde o noso alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de participar.
O obxetivo de dita carreira é percorrer no menor tempo posible unha serie de balizas ou puntos de control, no orden que se indica, coa axuda de un mapa e de unha pinza electrónica. O mapa serve para poder orientarse e a pinza para fichar nos puntos de control ou balizas.
Temos que destacar a brillante participación do noso alumnado, especialmente:
Diego Fernández Valado
Alex Lamas Carnota
Víctor Ferrero Bouzón
Aitana Guerra Vazquez
Andrea Cortizas Giralda
que se clasificaron para a fase seguinte.
Debido a diferentes motivos persoais, só asistirán a seguinte proba Diego, Alex e Víctor. Será o próximo 21 de abril en Santiago de Compostela.

Moita sorte a todos!!

LIGAZÓN A FOTOS DA PROBA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut